Cotovía escura
Cotovía escura | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
G. t. carolinae no deserto ao sueste de Douz, Tunisia | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A cotovía escura[2] (Galerida theklae) é unha especie de cotovía que se reproduce na Península Ibérica (pero non en Galicia), no norte de África e na África subsahariana desde Senegal a Somalia. É unha especie sedentaria non migratoria. É un paxaro común en rexións abertas secas, a miúdo a certa altitude. A cotovía escura foi nomeada por Alfred Edmund Brehm en 1857 co nome da súa recentemente finada irmá Thekla Brehm (1833–1857). Este nome procede do grego moderno, Θέκλα (Thekla), que procede do grego antigo Θεόκλεια (Theokleia) derivado de θεός (theos, 'deus') e κλέος (kleos, 'gloria, honor').[3] A súa poboación esta´declinando en España, pero é un paxaro común cunha ampla área de distribución e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza considera que o o seu status é "pouco preocupante".[1]
Taxonomía e sistemática
[editar | editar a fonte]A cotovía escura ten varias subespecies en África oriental que mostran unha gran diverxencia xenética tanto entre elas coma coas poboacións mediteráneas e son, en consecuencia, fortes candidatos a consideralas especies separadas.[4] Anteriormente, algunhas autoridades consideraban que G. theklae e G. malabarica eran conespecíficas.[5]
Subspecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense doce subespecies:[6]
- G. t. theklae - Brehm, AE, 1857: vive en Portugal, España peninsular, as illas Baleares e o extremo do sur de Francia.
- G. t. erlangeri - Hartert, 1904: atopada no norte de Marrocos.
- G. t. ruficolor - Whitaker, 1898: atoapda no centro e nordés de Marrocos, norte de Alxeria e norte de Tunisia.
- G. t. theresae - Meinertzhagen, R, 1939: vive no suroeste de Marrocos e Mauritania.
- G. t. superflua - Hartert, 1897: atopada no leste de Marrocos, norte de Alxeria e leste de Tunisia.
- G. t. carolinae - Erlanger, 1897: do leste de Marocos e polo norte do Sáhara ao noroeste de Exipto.
- G. t. harrarensis - Érard & Jarry, 1973: do leste de Etiopía.
- G. t. huei - Érard & Naurois, 1973: do centro sur de Etiopía
- G. t. praetermissa - (Blanford, 1869): do sur de Eritrea ata Etiopía central.
- G. t. ellioti - Hartert, 1897: descrita orixinalmente como especie separada. Atopada no norte e centro de Somalia.
- G. t. mallablensis - Colston, 1982: atopada no sur de Somalia.
- G. t. huriensis - Benson, 1947: do sur de Etiopía e norte de Kenya.
-
G. t. theklae
en montes preto de Loja, Granada, España -
G. t. ruficolor
no Parque Nacional Souss-Massa, Marrocos
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha cotovía pequena, lixeiramente máis pequena que a laverca dos campos. Ten unha crista eréctil longa e de punta. É máis gris que a laverca dos campos, e carece da á e beira da cola brancos desa especie. É moi similar á moi espallada cotovía cristada. É máis pequena e algo máis gris que esa especie, e ten un bico máis curto. En voo, mostra as partes inferiores das ás grises, mentres que a cotovía cristada tenas avermelladas. O corpo é pincipalmente gris con manchas escuras polo dorso e abrancazada pola parte ventral. Os sexos son similares.[7]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A cotovía escura é nativa e residente en Francia, España, Portugal, Alxeria, Exipto, Eritrea, Etiopía, Kenya, Libia, Marrocos, Somalia, Tunisia e Sáhara Occidental.[1] O seu hábitat típico son áreas accidentadas con mato, zonas de chan espido e pradarías semiáridas.[8]
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Nidifica no chan, poñendo de dous a seis ovos. A súa comida consiste en maleza, sementes e insectos, estes últimos especialmente na estación reprodutora.[8]
A canción é melodiosa e variada, con asubíos tristes incluíndo imitacións. É máis suave e máis entoada que as da cotovía cristada, e poden cantala durante o voo ou desde o chan ou desde unha póla exposta.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2017). "Galerida theklae" 2017: e.T22717387A111112049. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-1.RLTS.T22717387A111112049.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Thekla. Behind the Name, consultado o 16-01-2013.
- ↑ Alström, Per; Barnes, Keith N.; Olsson, Urban; Barker, F. Keith; Bloomer, Paulette; Khan, Aleem Ahmed; Qureshi, Masood Ahmed; Guillaumet, Alban; Crochet, Pierre-André (2013-12-01). "Multilocus phylogeny of the avian family Alaudidae (larks) reveals complex morphological evolution, non-monophyletic genera and hidden species diversity" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 69 (3): 1043–1056. ISSN 1095-9513. PMID 23792153. doi:10.1016/j.ympev.2013.06.005.
- ↑ "Galerida theklae - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2016-12-10.
- ↑ "IOC World Bird List 6.4". IOC World Bird List Datasets. doi:10.14344/ioc.ml.6.4.
- ↑ 7,0 7,1 Mark Beaman; Steve Madge (1998). The Handbook of Bird Identification: For Europe and the Western Palearctic. Christopher Helm. p. 549. ISBN 978-0-7136-3960-5.
- ↑ 8,0 8,1 "Thekla Lark (Galerida theklae)". Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 17 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cotovía escura |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cotovía escura |