Corvinella
Corvinella | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvinella corvina | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Corvinella é un xénero de aves da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines, unha das catro que integran a familia dos lánidos.
O xénero conta, segundo moitos autores, con tan só dúas especies descritas,[1] (aínda que unha delas na actualidade de clasifica noutro xénero, Urolestes, como Urolestes melanoleucus) que se distribúen pola África subsahariana, que habitan nas sabanas máis abertas, e en bosques [`trópico|tropicais]], onde se as pode ver pousadas ergueitas na copa das árbores ou en cabos de teléfono.
Características
[editar | editar a fonte]Son picanzos moi grandes, e coas colas moi longas. Nas dúas especies, ambos os sexos son moi parecidos, aínda que diferenciábeis. Ao contrario que os picanzos do xénero Lanius son aves gregarias.
Desde os seus pousadoiros lánzanse sobre as súas presas, cazándoas ás veces en voo, pero principalmente no solo. Aliméntanse sobre todo de insectos grandes, aínda que tamén de pequenos paxaros, réptiles e mamíferos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1831 polo cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés René Primevère Lesson,[1] na páxina 373 do tomo I da súa obra Traité d'ornithologie, ou, Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux: ouvrage entièrement neuf, formant le catalogue le plus complet des espèces réunies dans les collections publiques de la France.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, o xénero comprende dúas especies, coas subespecies que se indican:[1]
- Corvinella Lesson, 1831
- Corvinella corvina (Shaw, 1809)
- Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857
- Corvinella corvina caliginosa Friedmann & Bowen, 1933
- Corvinella corvina corvina (Shaw, 1809)
- Corvinella corvina togoensis Neumann, 1900
- Corvinella melanoleuca (Jardine, 1831)
Nota: a segunda destas especies hoxe é clasificada por moitos autores como Urolestes melanoleucus (Jardine, 1831),[2] polo que o xénero Corvinella resultaría ser un taxon monotípico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Corvinella Lesson, 1831 no ITIS.
- ↑ Urolestes melanoleucus (Jardine, 1831) no ITIS,
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corvinella |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corvinella |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9.
- Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4.
- Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2103): Shrikes Londres, UK: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.