Saltar ao contido

Corvinella corvina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Corvinella corvina
 Nome taxon
    Corvinella corvina
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaLaniidae
XéneroCorvinella
EspecieCorvinella corvina Editar o valor en Wikidata
Shaw, 1809 Corvinella corvina Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
   3,9 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   16 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/032rft Editar o valor en Wikidata
ITIS559487 Editar o valor en Wikidata
OTT901158 Editar o valor en Wikidata
UICN22705103 Editar o valor en Wikidata
CoL6B5BY Editar o valor en Wikidata
EOL45514255 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Exemplar adulto

Corvinella corvina é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas que integran, segundo moitos autores, o xénero Corvinella.[1] Porén, na actualidade, unha delas adoita clasificarse noutro xénero, Urolestes.[2] polo que, daquela, Corvinella sería un xénero monotípico.

É un picanzo de distribución africana, distinguídose doutros picanzos polo seu característico pico amarelo, ao que alude o seu nome inglés, yellow-billed shrike (picanzo de pico amarelo).[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Véxase Corvinella.

A especie foi descrita en 1809 polo botánico e zoólogo inglés George Shaw,[1] na páxina 337 da súa obra General zoology, or Systematic natural history. Vol. 7, Birds, baixo o nome de Lanius corvina.[4]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

O xénero comprende catro subespecies:[1][5]

Corvinella corvina (Shaw, 1809)
  • Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857
  • Corvinella corvina caliginosa Friedmann & Bowen, 1933
  • Corvinella corvina corvina (Shaw, 1809)
  • Corvinella corvina togoensis Neumann, 1900

Porén, algúns autores conseidraron unha quinta, Corvinella corvina chapini Friedmann & Bowen, 1933, que a maioría consideran como un sinónimo de Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857.[6]

Características

[editar | editar a fonte]

Mide 32 cm de lonxitue, cunha cola longa e ás curtas.
Os adultos teñen a plumaxe de cor parda polas partes superiores, e as partes inferiores, lustrosas, algo máis claras con estrías máis escuras; presentan unha máscara ocular marrón escuro, e un parche avermellado nas ás; o pico é amarelo, como quedou dito (incluso nos inmaturos).
As patas e as dedas dos pés son negros.
Os sexos son en gran parte similares, pero as femias teñen manchas marróns nos flancos, mentres que os machos teñen parches rubios; estas manchas só son visíbeis cando o paxaro está en voo, cando está en disputas territoriais ou está en pé.
Os individuos inmaturos mostran franxas grosas nas plumas das ás.[3]

É un paxaro ruidoso, con fortes chamadas emitindo sons como suii-suii e driii-tuu.[3]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat son as praderías e sabanas do sur do Sahel e os bosques tropicais ao sur deste, chegando até a parte superiror da conca do Congo, abarcando unha extensa área que vai desde a beira do Atlántico polo oeste, até Kenya e Uganda polo leste, encontrándose en Benín, Burkina Faso, o Camerún, o Chad, Costa do Marfil, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Malí, o sur de Mauritania, o Níxer, Nixeria, o Senegal, Serra Leoa, Sudán, Sudán do Sur, Togo, República Centroafricana e República Democrática do Congo, ademais dois dous países anteriomente citados.[7]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Trátase dun paxaro conspicuo e gregario e ten hábitos cooperativos, véndose sempre en grupos, a miúdo posado en caos telefónicos. O niño é unha estrutura en forma de cunca, emprazado nun arbusto ou nuha árbore, no que a femia pon catro ou cinco ovos. Só unha femia dun grupo reprodúcese nun momento dado, e os outros membros subminístranlle protección e alimentos.[3]

Este picanzo aliméntase de insectos, que localiza desde os seus pousadoiros de observación prominentes, en árbores, fíos ou postes. Tamén ás veces comen ras, pequenos réptiles e ratos, pero non se sabe se comen outras aves ou forman despensas (como fan os picanzos do xénero Lanius.[8]

Corvinella corvina é común nalgunhas zonas e menos noutras. Debido a que non se encontrou ningunha evidencia dun descenso substancial nas súas poboacións, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]