Coruña imposible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coruña imposible
Ficha técnica
Título orixinalCoruña imposible
DirectorPaco Rañal
ProdutorAmalia Mato, Cheche Carmona
GuiónPaco Rañal
IntérpretesRoberto Sánchez 'Luna', Manuel Ramallal, Vicente Montoto, Xosé M. Baño, Isabel Vázquez, Fely Manzano, Isabel del Toro
MúsicaClaudio Canedo
FotografíaSergio Franco
Estrea1995
Duración12 minutos
OrixeGalicia Galicia

Coruña imposible é unha curtametraxe galega escrita e dirixida por Paco Rañal no ano 1995. Producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, é unha produción rodada na cidade da Coruña de 12 minutos de duración, rodada en branco e negro.

O curioso argumento está protagonizado por un home que esperta na praza de María Pita da Coruña practicamente espido, levando postos unicamente unhas zapatillas e un calzón. Atordado e avergoñado, intenta atopar algunha peza de roupa coa que cubrirse e regresar canto antes á casa, pero ese obxectivo non lle resultará tan doado como parecía.

Elenco[editar | editar a fonte]

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Bronze World Medal, categoría curtametraxe fantástica (The New York Festivals´96).
  • Honorable Mention (New York EXPO Short film and Video, 1998).
  • Mellor Fotografía, Mellor Montaxe, Mellor Interpretación Masculina (ex-aequo) e Mellor Curtametraxe nos Premios AGAPI 1995-96.
  • Primeiro Premio categoría Cine no I Certame de Cine e Vídeo Xove de Irún (1996).
  • Mención Especial do Xurado na IV Semana de Xoves Realizadores de Granada (1997).
  • Premio Especial Madrid Films no XII Festival Cinema Jove de Valencia (1997).
  • Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe no XXIX Festival de Cine do Atlántico de Cádiz (1997).
  • Primeiro Premio categoría Cine no XXVI Festival de Cine e Vídeo Independente de Badalona (1997).
  • Primeiro Premio categoría Cine (ex-aequo) no II Festival de Xoves Realizadores de Zaragoza (1997). Segundo Premio.VI Festival de Cine e Vídeo de Positano (Italia, 2004).

En 2000 foi considerada polo CGAI como a mellor curta de ficción dos anos 90. Ademais da ducia de galardóns foi seleccionada en numerosos festivais estatais (Bilbao, Alcalá, Alfás del Pi, Almería, Elx) e internacionais (Londres, Bruxelas, San Petersburgo, Siena, Annecy, Riga).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]