Corry Vreeken
Corry Vreeken | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de decembro de 1928 |
Lugar de nacemento | Enkhuizen |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Ocupación | xadrecista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Maria Cornelia Vreeken, nada en Enkhuizen (Os Países Baixos) o 22 de decembro de 1928, nada como Corry Bouwman (tamén coñecida como Corry Vreeken-Bouwman), é unha xadrecista neerlandesa, nomeada Gran Mestra Feminina en 1987.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nas décadas de 1960 e 1970 Vreeken era unha das mulleres xadrecistas máis destacadas do seu país. Gañou en cinco ocasións o Campionato Neerlandés de Xadrez Feminino (1960, 1962, 1964, 1966 e 1970). Participou tamén en varios torneos internacionais. Os seus mellores resultados logrounos en Emmen (1962), un 1º - 3º posto compartido en Beverwijk (1968) e o torneo zonal de Biel/Bienne (1980).
Vreeken participou en dúas ocasións nos Torneos Interzonais do Mundial Feminino de Xadrez:
Tamén xogou no equipo dos Países Baixos nas Olimpíadas Femininas de Xadrez:[3]
- En Split 1963, 1º taboleiro (+1, =5, -4)
- En Oberhausen 1966, 1º taboleiro (+5, =3, -2)
- En Medellín 1974, 1º taboleiro (+4, =4, -3)
- En Haifa 1976, 2º taboleiro (+4, =2, -3)
- En Buenos Aires 1978, 2º taboleiro (+5, =4, -2)
- Na Valeta 1980, 1º taboleiro (+4, =4, -3)
- En Lucerna 1982, 1º taboleiro (+2, =2, -6)
En 1968 recibiu o título de Mestra Internacional Feminina e en 1987 o de Gran Mestra Feminina.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "1971 Ohrid Interzonal Tournament: World Chess Championship (Women)". www.mark-weeks.com (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2023.
- ↑ "1976 Roosendaal Interzonal Tournament: World Chess Championship (Women)". www.mark-weeks.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2023.
- ↑ "Women's Chess Olympiads: Corry Vreeken". OlimpBase (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2023.