Correo Ultramarino A Coruña-Montevideo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Correo Ultramarino A Coruña-Montevideo foi un servizo de correo marítimo regular, trimestral primeiro e bimestral a partir de 1778, entre as cidades da Coruña e Montevideo polo Marqués de Grimaldi e que comenzou en 1767 para cubrir as necesidades postais de España con América do Sur seguindo o modelo do Correo Ultramarino A Coruña-A Habana establecido en 1763.

A primeira fragata en cubrir o servizo foi La Princesa que levantou a áncora da Coruña o 15 de decembro de 1767, partiu en viaxe de regreso o 18 de xuño de 1768 e atracou na cidade herculina o 24 de setembro de 1768. Outras fragatas que fixeron o percorrido foron La Diana, La Diligencia, La Nueva Cantabria, El Patagón e El Tucumán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]