Correo Ultramarino A Coruña-A Habana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Correo Ultramarino A Coruña-A Habana foi un servizo de correo regular, mensual, entre A Coruña e A Habana establecido en 1763 como consecuencia da organización do correo entre España e América establecida polo marqués de Grimaldi. O servizo cubría o norte das posesións españolas mentres que para o sur se estableceu o Correo Ultramarino A Coruña-Montevideo en 1767.