Cornamenta
As cornamentas,[1] cornas,[2] hastas[3] ou gallados[4] adoitan ser estruturas grandes e ramificadas, feitas de óso, que crecen na cabeza dos cérvidos e outros animais similares.[5]
Nos cervos, só os machos teñen hasta, e só os renos caribús teñen hastas nas femias, que normalmente son máis pequenas que as dos machos.
Crecemento das cornamentas
[editar | editar a fonte]Mentres crece unha cornamenta, está cuberta dunha pel altamente vascular chamada veludo, que proporciona osíxeno e nutrientes ao óso en crecemento.[6]
As cornamentas son un dos casos máis rechamantes de características sexuais secundarias masculinas no reino animal.[7] Crecen máis rápido que calquera outro óso de mamífero.[8] O crecemento ocorre na punta, e inicialmente é cartilaxe, que se mineraliza para converterse en óso. Unha vez que a cornamenta acada o seu tamaño completo, o veludo pérdese e o óso da cornamenta morre. Esta estrutura ósea morta é a cornamenta madura. As cornamentas caen nalgún momento.[9]
O recrecemento das cornamentas cada ano consome nutrientes, polo que son sinais claros da capacidade da obtención de alimentos por parte dos individuos.[10]
Selección sexual
[editar | editar a fonte]O principal medio de evolución das cornamentas é a selección sexual, que opera por dous mecanismos: a competencia macho-macho (condutualmente, fisioloxicamente) e a elección da parella feminina.[7]
A competición masculina pode levarse a cabo de dúas formas. En primeiro lugar, poden competir cando os machos usan as súas cornamentas como armas para competir pola parella; en segundo lugar, poden competir presentando as súas cornamentas para mostrar a súa forza e fertilidade.[7] Os machos coas maiores cornamentas teñen máis probabilidades de obter parella e lograr o éxito da fecundación.[7] [11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "cornamenta". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-09-01.
- ↑ "corna". Dicionario de Real Academia Galega. Consultado o 2024-09-01.
- ↑ "Hasta". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-09-01.
- ↑ "Gallado". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-09-01.
- ↑ Os gallados ou galladas son as estruturas arbóreas de gallas ou pólas. Os cornos son estruturas semellante ás cornas ou cornamentas, pero feitos de queratina en lugar de óso. Con todo, a orixe etimolóxica de cornamenta e cornos/cornas é a mesma, e na linguaxe popular ás veces fálase de cornos dos cervos.
- ↑ Hall, Brian K. (Brian Keith) (2005). Bones and cartilage : developmental and evolutionary skeletal biology. Amsterdam ; Boston : Elsevier Academic Press. ISBN 978-0-12-319060-4.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Malo A.F. et al. 2005. Antlers honestly advertise sperm production and quality. Proceedings of the Royal Society Biological Sciences Series B 272:149–157.
- ↑ Whitaker, John O. (1998). Mammals of the eastern United States. Ithaca, N.Y. : Comstock Publishing Associates. ISBN 978-0-8014-3475-4.
- ↑ Hall, Brian K. (2005-06-20). Bones and Cartilage: Developmental and Evolutionary Skeletal Biology (en inglés). Elsevier. ISBN 978-0-08-045415-3.
- ↑ Ditchkoff S.S. et al. 2001. "Major-histocompatibility-complex-associated variation in secondary sexual traits of white-tailed deer (Odocoileus virginianus): evidence for good-genes advertisement". Evolution 55:616–625.
- ↑ Gilbert C; A. Ropiquet & A. Hassanin. 2006. "Mitochondrial and nuclear phylogenies of Cervidae (Mammalia, Ruminantia): systematics, morphology, and biogeography." Molecular Phylogenetics and Evolution 40:101–117.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cornamenta |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |