O alce irlandés (Megaloceros giganteus)[1][2] ou cervo xigante irlandés, é unha especie extinta do xénero Megaloceros e un dos meirandes cervos que xamais existiron. A súa distribución abranguía toda Eurasia durante o Plistoceno, dende Irlanda até Siberia e a China. Unha forma relacionada da especie foi atopada na China, onde viviu no Plistoceno tardío.[3] Os restos máis recentes desta especie foron datados hai 7700 anos en Siberia.[4] Malia que moitos dos esqueletos foron atopados en pantanos de Irlanda, o animal non era exclusivo de Irlanda e non estaba relacionado cos actuais alces ou uapitís. Por esta razón, o nome "cervo xigante" é empregado nalgunhas publicacións no canto de "alce irlandés".[5][6][7][8][9] Un estudo suxeriu que o cervo xigante podería estar relacionado co cervo común (Cervus elaphus).[10] Porén, outras análises filoxenéticas sosteñen a idea dunha relación máis achegada co gamo (Dama dama).[8][11][12]
↑Vislobokova, I. A. (2010), “Giant Deer: Origin, Evolution, Role in the Biosphere,” Paleontological Journal. vol. 46 no. 7 pg. 643-775
↑Bro-Jorgensen, J. (2014), “Will their armaments be their downfall? Large horn size increases extinction risk in bovids,” Animal Conservation. vol. 17 no. 1 pg. 80-87
↑Lemaitre, J. F. (2014), “The allometry between secondary sexual traits and body size is nonlinear among cervids,” Biology Letter. vol. 10 no. 3
↑Vislobokova, I. A. (2011), “Historical Development and Geographical Distribution of Giant Deer (Cervidae, Megacerini),” Paleontological Journal. vol. 45 no. 6 pg. 674-688
↑Kuehn, Ralph; Ludt, Christian J.; Schroeder, Wolfgang; Rottmann, Oswald (2005). "Molecular Phylogeny of Megaloceros giganteus — the Giant Deer or Just a Giant Red Deer?". Zoological Science22 (9): 1031–1044. PMID16219984. doi:10.2108/zsj.22.1031.
↑Lister, Adrian M.; Edwards, Ceiridwen J.; Nock, D. A. W.; Bunce, Michael; van Pijlen, Iris A.; Bradley, Daniel G.; Thomas, Mark G.; Barnes, Ian (2005). "The phylogenetic position of the giant deer Megaloceros giganteus". Nature438 (7069): 850–853. Bibcode:2005Natur.438..850L. PMID16148942. doi:10.1038/nature04134.
Juliana, Adelman. "An Insight into Commercial Natural History: Richard Glennon, William Hinchy and the Nineteenth-century Trade in Giant Irish Deer Remains." Archives of Natural History 39.1 (2012): 16-26. Print.
Larson, Edward J. (2004). Evolution: The Remarkable History of a Scientific Theory