Coralia
Coralia | |
---|---|
![]() Presentación da revista en Ourense | |
Formato de páxina | 40 x 210 x 297 mm |
Fundación | 2016 |
Empresa editora | Miranda Priestly S.L. |
Director | Álex Regueiro e Alfredo Iglesias |
Lingua | galego, inglés |
Ámbito | ![]() |
Periodicidade | Trimestral |
Prezo | 3,60 - 5€ |
Contido | Moda, Entrevistas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Coralia é unha revista de tendencias de moda, entrevistas a personaxes da actualidade social galega e reportaxes editada en Santiago de Compostela. Naceu no ano 2016[1] e publícase trimestralmente, cun número por cada estación do ano, en galego e inglés[2]. A súa distribución comezou por establecementos do comercio local compostelán, chegando en 2018 a quioscos e librarías das catro provincias galegas. Toma o seu nome dunha das irmás das chamadas "As Marías", pertencentes ao imaxinario urbano da capital.
Foi fundada por Álex Regueiro e Alfredo Iglesias. Logo do falecemento deste, continuou Regueiro como o seu director. Miranda Priestly S.L., a empresa que a edita, recibiu en 2016 o Premio Manuel Beiras pola súa incorporación ao galego.[3]
Desde setembro de 2018 conta cunha versión dixital cos contidos da edición física.
Na primavera de 2022 presentaron os premios Alfredo Diéguez, que recoñecen distintas persoas da escena cultural galega, en cadansúa categoría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CRTVG (ed.). "Nace en Santiago a revista "Coralia"". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ "Coralia, a nova revista de tendencias". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ "Nanube, Miranda Priestly e a editorial Alvarellos, Premios Manuel Beiras". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2018. Consultado o 22 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 15 de marzo de 2018 en Wayback Machine.