Conxa Pérez Collado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConxa Pérez Collado
Biografía
Nacemento(ca) Concepció Pérez Collado Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Barcelona (España) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 2014 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Barcelona (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSant Antoni Marketplace (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Conxa Pérez Collado, nada en Barcelona o 17 de outubro de 1915 e finada na mesma cidade o 17 de abril de 2014, foi unha anarquista española. Colaborou coa Confederación Nacional do Traballo (CNT) e máis tarde coa Confederación Xeral do Traballo (CXT). Participou en actividades anarquistas desde os dezasete anos e formou parte dun grupo armado preparado para enfrontarse ás forzas sublevadas cando empezou a Guerra civil española en xullo de 1936. Loitou en Barcelona e Aragón antes de acabar nun campamento de refuxiados francés, onde naceu o seu único fillo.

Pérez Collado regresou a Francia ao redor de 1942, onde perdeu e recuperou a custodia do seu fillo. Volveu relacionarse con Maurici Palau e a parella abriu unha tenda de roupa interior e xoiaría onde se celebraban reunións anarquistas. Tras a morte de Franco participou máis abertamente en eventos de organización locais e continuou as súas actividades anarquistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de outubro de 1915 en Les Corts (Barcelona).[1][2] O seu pai, o militante anarquista Juan Pérez Güell, tivo seis fillos con dúas mulleres diferentes e Conxa foi a terceira. A súa nai morreu de tuberculose cando ela tiña 2 anos.[2] Pérez Collado non puido asistir á escola, e xa de adolescente comezou a traballar nun taller de artes gráficas. Con 16 anos deixou o traballo e empezou a colaborar no Ateneo Libertario Faro e no Ateneo Agrupación Humanidade.[2]

En 1932 uniuse á Federación Anarquista Ibérica (FAI).[3][4][5]  O ano seguinte participou nunha protesta diante dunha fábrica. Alí foi arrestada xunto co seu compañeiro por levar unha arma oculta. Tras saír do cárcere traballou nunha carpintaría até o estalido da Guerra civil.[2]

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Cando empezou a Guerra civil en xullo de 1936, Pérez Collado xa tiña acceso a armas e estaba preparada para dirixirse á fronte. Como membro dun grupo anarquista que se preparaba para o que consideraban unha revolta militar inevitábel, adestrouse con armas en previsión do conflito.[3]

Nos primeiros días da contenda formou parte de Los Aguiluchos de Les Corts, un grupo de 100 soldados armados do seu barrio de Barcelona, sete deles mulleres. Pérez Collado formou parte dun grupo que atacou o Cárcere Modelo para liberar presos políticos.[2] Tamén formou parte dun grupo que ocupou un convento e axudou a crear barricadas no seu barrio. Con outros anarquistas, montou na parte posterior dunha camioneta cuberta cun colchón e catro armas entre eles.[3] Foron ao Cuartel de Pedralbes, onde loitaron e conseguiron un pequeno arsenal. Posteriormente foron a Caspe na Fronte de Aragón, onde se uniu á columna Ortiz e foi con ela a Zaila.[3] A unidade permaneceu alí até mobilizárense para a batalla de Belchite o 24 de agosto de 1937

Quedou na fronte de Aragón catro meses máis e partiu a Huesca. En decembro entrou a formar parte dun grupo de milicianas que loitaron no sector de Tardienta. Porén, as mulleres foron retiradas do fronte a finais dese ano. Conxa volveu a Barcelona e traballou nunha fábrica de municións.[3]

En maio de 1937 foi capturada e ferida mentres patrullaba a zona xunto á Plaça de Catalunya. O fragmento de metal ficou aloxado na súa perna durante varios anos. Dirixiuse á fronteira en decembro de 1938 cando caeu Barcelona.[2] Acabou no campamento de refuxiados de Argelès-sur-Mer, onde colaborou como enfermeira voluntaria. Alí coñeceu ao médico socialista de Madrid Isidoro Alonso, con quen tivo unha relación. Foron pais do único fillo de Pérez Collado, un neno nado en Marsella.[2]

Tras a guerra[editar | editar a fonte]

En setembro de 1942 Pérez Collado regresou a Barcelona. Perdeu a custodia do seu fillo porque o Estado determinou que non lle proporcionaba os coidados adecuados. Atopou traballo como empregada doméstica cunha familia xudía, que a axudou a recuperar a custodia do fillo ao demostrar que tiña suficiente diñeiro para crialo.[2]

Durante a súa estadía en Barcelona volveu relacionarse con Maurici Palau, amante seu no pasado, quen acababa de ser liberado dunha condena de 4 anos. A parella abriu no Mercado de Sant Antoni unha tenda de roupa interior e xoiaría, que foi tamén un lugar de encontro de anarquistas.[6] Durante este tempo seguiu militando na CNT. Despois da Guerra Civil foi moi activa na CXT, e tras a morte de Franco participou nas asociacións locais do seu barrio.[2]

De 1982 a 1984 Pérez Collado participou nunha serie de entrevistas con Nick Rider sobre o anarquismo en España da década de 1930.[5][7] Mujeres del 36 creouse en 1997, con Pérez Collado como unha das fundadoras.[2]

Legado[editar | editar a fonte]

O colectivo que creou a biblioteca no centro social okupado Ateneo L'Entrebanc de Barcelona decidiron denominala Biblioteca Social Conxa Pérez trala morte da anarquista como tributo á súa vida.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mor Conxa Pérez, una de les últimes milicianes de la CNT a la Guerra Civil". El Punt Avui (en catalán) (Barcelona). 17 de abril de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Muere Concha Pérez, una de las últimas milicianas de la CNT en la guerra civil". El Periódico (en castelán). 17 de abril de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Lines, Lisa Margaret (2012). Milicianas: Women in Combat in the Spanish Civil War (en inglés). Lexington Books. ISBN 9780739164921. 
  4. Ealham, Chris (2015). Living Anarchism: José Peirats and the Spanish Anarcho-syndicalist Movement (en inglés). AK Press. ISBN 9781849352390. 
  5. 5,0 5,1 Nash, Mary (1999). Rojas: Las Mujeres Republicanas En La Guerra Civil (en castelán). Taurus. ISBN 9788430603602. 
  6. 6,0 6,1 Pérez Collado, Conxa (novembro de 2016). "A brief reflection on Conxa Pérez's political commitments" (PDF). Interface: a journal for and about social movements (en castelán) 8 (2): 19–28. 
  7. Historia contemporánea (en castelán) 9. Departamento de Historia Contemporánea, Universidad del País Vasco. 1993.