Conversa usuario:Zanaer

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Zanaer!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Alma (fálame eiquí) 21:58, 1 decembro 2007 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Boas noites. Estaba botando unha ollada ás túas últimas edicións, e chamoume a atención a túa maneira de categorizar os artigos. No último que vin puxeches as categorías Bioloxía, Zooloxía, Vertebrados, Mamíferos. Quería que soubeses que a forma de categorizar os artigos é sinalando a categoría máis concreta posíbel. É dicir, Como Bioloxía comprende Zooloxía, que comprende Vertebrados, que á súa vez comprende Mamíferos, nos artigos deberías poñer soamente a categoría Mamíferos.

Bo traballo, e ata máis ver --GallaecioE logo? 21:10, 18 decembro 2007 (UTC)

Nome común como entrada[editar a fonte]

Ola Zanaer, parabéns por todo o traballo que estas a facer nesta wiki. So quería comentarche que hai tempo tivemos unha discusión moi interesante sobre como facer as entradas dos artigos dos seres vivos, e nela acordouse (en realidade era a política que xa existía antes) que se empregaría o nome común como nome ou entrada principal da páxina, e que o nome científico se redirixiría a este (Ver: Wikipedia:Votacións/Nomes científicos como entrada). Quero dicir que no caso do artigo clitellata podería terse empregado o nome "clitelado" como entrada, pero mellor é que ti o valores (se que aínda non o tes feito) e que tomes a decisión que creas mellor. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 08:57, 19 decembro 2007 (UTC)

  • Non te preocupes, non fas ningunha desfeita, nin tes por que cambialo. Ata hai pouco tempo eu tamén empregaba o nome científico, pero tivemos unha discusión onde todos o que quixeron amosaron o seu punto de vista sobre o asunto (eu, concretamente estaba polo nome científico) pero ao final votamos e as cousas quedaron como ti xa coñeces (esto é a grandeza da democracia), e agora, penso eu, todos temos que ser coherentes coas ideas que defendemos e eu non teño ningún problema en empregar o nome común cando sexa posible que por outra banda tamén reporta moitas vantaxes. Un consello: non teñas medo a meter a zoca, todos o facemos, o importante e axudar a construír este gran proxecto, e namentres gozar da "viaxe", ti tenta facelo o mellor que poidas, e se non sae ben xa virá alguén te axude ou que arranxe o que sexa preciso.

Pdta: lembrate de asinar as mensaxes usando o 4 botón pola dereita (o que parece unha sinatura) e pon sempre a túa mensaxe de último na páxina de conversa para conservar asía a orde das mesmas.--Calrosfking (FÁLAME) 09:47, 19 decembro 2007 (UTC)

Ola Zanaer, antes de nada benvido á Galipedia. Vin que realizaches correccións ortográficas. En xeral están ben, pero quero chamar a atención sobre a mudanza de ó a ao. Seguindo o criterio da nosa wiki, cando hai dúas formas válidas para un mesmo termo debe permanecer no artigo a forma que elixiu o primeiro editor do artigo. Deste xeito mudar Galicia por Galiza (ou ó revés), ó por ao (ou ó revés), -ble por -bél (ou ó revés), etc. non é correcto. Polo demais realizaches un bo traballo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:31, 9 xaneiro 2008 (UTC)