Conversa usuario:Yago.v.e

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Yago.v.e!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 08:52, 20 novembro 2007 (UTC)

boas son mestre do IES Chapela. $Espero q fagas un bo traballo senon trei q borrarcho Chamome Manuel Jovellanos

Outra benvida[editar a fonte]

Ola Yago.v.e. Supoño que ti e os teus compañeiros estades aquí por un traballo de clase, espero que á parte de serviche para aumentar os coñecementos sobre a materia de estudo tamén che sirva para aprender máis sobre os funcionamento dos wikis e sobre a lingua galega. Agradezoche que te rexistraras e confio en que no futuro algún de vós volva por aquí de cando en vez para botar un man ou para sinalarnos algún erro. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:47, 21 novembro 2007 (UTC)

Floculación[editar a fonte]

Ola Yago, vexo que estás dando os primeiros pasos na wikipedia. Creaches o artigo Floculación, mais aínda, supoño, vas seguir traballando nel. Para que cando un usuario que lea ese esboxo non pense que é un artigo definitivo e deixar claro que vas seguir traballando nel, hai que poñer ó comezo do artigo o marcador {{enuso}}, así ninguén andará no artigo até que decidas quitalo. Xa de paso recoméndoche a lectura do Wikipedia:Libro de estilo, da Wikipedia:Guía de edición e de Wikipedia:Como editar unha páxina, para que o teu traballo sexa visualmente máis atractivo, e teña o mesmo estilo cós demais. Sen máis, un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 17:33, 20 febreiro 2008 (UTC)

Finalmente borrei o artigo polo exposto en Conversa:Floculación. Non se poden copiar textos con copyright. Anímote a seguir traballando, mais tendo en conta o do copyright. AlberteSi, digame? 19:36, 20 febreiro 2008 (UTC)