Conversa usuario:Xbello

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Xbello!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:00, 6 agosto 2007 (UTC)

Ola de novo. Amais de agradecerche o labor que fas, quería dicirche que en galego o singular de xenes é xene, non xen. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:44, 6 agosto 2007 (UTC)

  • Cando desexes que ninguén edite un arquivo que estás escribindo, coloca no comezo do artigo {{enuso}}, e terás un mes de prazo para remata-lo arquivo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:50, 6 agosto 2007 (UTC)
    • Ola, parabéns polos artigos que estas a escribir sobre bioloxía, boteille unha ollada e son interesantes ademais de necesarios na nosa wiki. Tomei a iniciativa de engadir algunhas cousas a maiores no artigo de loci (ademais do cambio de xen por xene). Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 14:06, 6 agosto 2007 (UTC)

Outro saúdo de benvida[editar a fonte]

Benvido/a á Galipedia Xbello. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:37, 6 agosto 2007 (UTC)

  • Boas, a vista de que Prevert non está operativo neste momento por forzas de causa maior, é mellor que empregues a plantilla proposta incluindoa en cada artigo feito a modo de probas, preferible facelo así que crear unha plantilla xeral para todos os artigo do mesmo autor. Posteriormente Prevert poderache dar máis indicacións. Un saúdo en benvido a Galipedia. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 09:57, 8 agosto 2007 (UTC)
  • Listo, cumplida a tua peticion--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 10:18, 8 agosto 2007 (UTC)
  • De nada, se tes mais equivocación ou necesitas borrar ises erros non tes máis que indicarmo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 10:37, 8 agosto 2007 (UTC)

Ola Xbello, grazas polas túas colaboracións.

Vin que subiches esta imaxe. Faltáballe a orixe, e púxenme a buscala. Encontrei a mesma imaxe en Commons, exactamente coa mesma denominación. Posto que as imaxes de Commons poden ser empregadas na Galipedia coma se estivesen subidas á mesma Galipedia, propuxen aquí a imaxe que subiches para borrar, pois é innecesaria. Unha vez borrada, a de Commons, que ten a mesma denominación, ocupará o lugar da borrada automaticamente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:18, 26 decembro 2007 (UTC)

  • Grazas pola resposta. Agora que a propuxen para borrar, esperarei a que se aprobe, inda que poderçia parecer un absurdo esa espera. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 19:49, 4 xaneiro 2008 (UTC)