Saltar ao contido

Conversa usuario:Xavelino

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Xavelino!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Xavelino! Borrei Druid Empresa de teatro‎ e movín Druid Compañía de teatro‎ a Druid Theatre Company. Hai pendentes varias seccións por traducir, podes completalas? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de febreiro de 2024 ás 08:10 (UTC)[responder]

Olá
Moitas grazas polo cambio. É o tal. Despistóuseme.
Non sei que seccións quedan por traducir. Revisei e había un anaco de texto que quedou en inglés. En principio, xa o traducín. Pero tiven ese problema varias veces, por algún feitizo, texto que tiña traducido, non quedaba fixado senón que mantiña o texto en inglés. Falta de habelencia miña.
Hai un anaco de texto en cursiva, que non ten por que estar así, pero non atopei onde están as chaves de apertura e peche de cursiva.
Co que, se me dis que seccións son, vounas facendo, claro Xavelino (conversa) 27 de febreiro de 2024 ás 12:13 (UTC)[responder]
Xa fixen a correción ortográfica.
Hai algún problema co formato que non sei amañar.
Un deles pode ser que falta un título, pero non o atopo no orixinal. Xavelino (conversa) 29 de febreiro de 2024 ás 10:23 (UTC)[responder]