Conversa usuario:X.l.dean.ben
Benvido(a) á Galipedia, X.l.dean.ben!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.
Boas X.I.dean.ben. Benvido á Galipedia. Boa estadía e bo traballo por aquí. Unha cousiña: lémbrate de lles engadir os intewikis e categorizar os teus artigos. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras.--Atobar (conversa comigo) 12:50, 19 abril 2009 (UTC)
- Si, X.I. Recibín a túa mensaxe. Pero tela que deixar ao cabo da miña páxina de conversa, non ao comezo. Xa o corrixín. Dígocho para que o teñan en conta para a próxima. Polo que vexo, si. Estás a facer ben os artigos. O único que dicía que tes que facer e engadir o resto de linguas que teñen esas mesmo artigo, é dicir, as interwikis (iw). E pór máis ligazóns internas, sempre que sexa posíbel. E bueno, tamén categorizar ou polo mesno deixalo como PendenteCategoría. Iso aforra moito traballo aos usuarios que máis tarde lle queiran dar un respaso. Graciñas por colaborares e saúdos.--Atobar (conversa comigo) 13:49, 19 abril 2009 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Ola X.L.Dean.Ben. Douche tamén eu a benvida á galipedia. Borrei a imaxe que subiches de Gerhard Ertl. O motivo é que a imaxe xa está en Commons. Explícoche: Commons é un repositorio de imaxes que se poden empregar (sen necesidade de cargalas en cada wikipedia individual) directamente na Galipedia. Así pois, as imaxes existentes nesta páxina, poden ser empregadas sen necesidade de carga na Galipedia.
Ah, e para completar o que dixo Atobar sobre interwikis e categorías, poden servirche de axuda as seguintes páxinas de axuda Wikipedia:Categorías e Wikipedia:Ligazóns interlingüísticas. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:18, 19 abril 2009 (UTC)
- Ola novamente! O de {{DEFAULTSORT:Ertl, Gerhard}} ten a utilidade de que en tódalas categorías que poñas vai aparece-lo artigo ordenado tal e como o escribiches, neste caso na categoría de premios Nobel de Química o artigo Gerhard Ertl, aparece ordenado alfabeticamente polo seu apelido. Sobre o dos interwikis, creo que a mellor opción é engadi-lo interwiki só na wikipedia inglesa (engadilo en todas é un esforzo demasiado grande). Ó se-la wikipedia en inglés a que máis bots ten, é moi probable que lean ese novo interwiki e pasen a engadilo de xeito automático no resto das wikipedias. Se tes máis preguntas non dubides en volver preguntar. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:37, 21 abril 2009 (UTC)
Categorías e Iw's
[editar a fonte]Boas,X.I. Ao respecto das correccións: non hai de que; para iso estamos, meu. No tocanto ás categorías, o que debes procurar é aquelala na(s) Categoría(s) que mellor lle acaia. Se te metas na páxina de Categorías, podes comprobar as que existen e as que non. Ás veces leva tempo. A min dáseme bastante mal. Coido que o crack das categorías é o usuario Iago Pillado. Se llo preguntas a el, seguro que che dá información a varrer e moito máis útil ca a miña. Con todo, sempre podemos deixala como PendenteCategoría e depois alguén que saiba xa a porá no seu sitio. O que si non é bo facer é non pór nada. Porque senón ninguén se entera de que está descategorizada. Non sei se me expliquei, espero que si. Por último, canto ás interwikis, que son as formas de ligalo co mesmo artigo noutros linguas de wikipedia, é cuestión de ollar quen o ten feito (por exemplo, portugués, castelán ou inglés), entrar na páxina de edición dese artigo nesa lingua e copiar todas as ligazóns a outras linguas na páxina de galego. Esa, que eu saiba, é a forma. Así explicado para moito choio, pero para nada, porque soamente cómpre ter aberta outra lapela coa wiki noutra lingua. Así de simple. Máis nada, X.I. Segue a darlle duro á Galipedia, que é un proxecto ilusionante coma poucos. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 21:14, 21 abril 2009 (UTC)