Conversa usuario:Tuzaro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Tuzaro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--FormacionWiki (conversa) 1 de febreiro de 2022 ás 22:38 (UTC)[responder]

Choiva radioactiva[editar a fonte]

Ola, Tuzaro. Borrei a páxina "Choiva radioactiva" porque non tiña máis ca unha frase. Vexo que están nun proxecto, pero non se deben deixar páxinas así porque enchen de lixo o proxecto. Recomendaríache que principies un artigo na túa páxina de usuario e despois a movas ao título definitivo. Igualmente, se queres seguir editando na páxina, para que non edite outro usuario e provoque un conflito de edición, lembra que podes colocar o marcador {enuso}, co que ninguén editará a páxina mentres esteas ti nela. Máis nada. Para calquera dúbida, aquí estamos. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 18 de febreiro de 2022 ás 18:17 (UTC)[responder]

Ola, Tuzaro! Lembra que podes escribir as túas dúbidas na sección de conversa do proxecto, na miña páxina de conversa ou escollendo no menú lateral dende a miña páxina de usuaria "escribir un correo electrónico a este usuario".
Non é necesario crear as páxinas que contiñan ligazóns na biografía fonte se é que non existen en Galipedia. Podes editar as ligazóns co editor visual e deixalas como ligazóns vermellas (asegurate de estar a usar o termo adecuado en galego). Na ferramenta de tradución, se non atopas páxinas en Galipedia con que ligar, volve colcarte na palabra seleccionada ata que che apareza a icona de borrado para eliminar a ligazón orixinal e quedará como texto simple. Outra opción é borrar a palabra que tiña a ligazón e volvela escribir.
Se creas unha páxina nova baleira por error, é necesario que escollas no editor Visual "inserir">Modelo e seleccionar o modelo Lixo, que indicará que a páxina debe ser borrada por unha persoa da administración.
Un saúdo e a seguir! FormacionWiki (conversa) 20 de febreiro de 2022 ás 20:26 (UTC)[responder]