Conversa usuario:Traballogalego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Traballogalego!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 9 de abril de 2015 ás 11:16 (UTC)[responder]

Centro Galego de Información (IGI)[editar a fonte]

O Instituto Galego de Información (IGI) foi fundado no ano 1977 polo intelectual compostelán Isaac Díaz Pardo. Nun principio o IGI xurdíu a partir da idea do xornalista Lorenzo Varela de publicar un xornal en lingua galega, pero o proxecto rematou tan só un ano despois.

Coa súa sede en Compostela, O IGI formou parte do proxecto do Grupo Sargadelos (1963) pola recuperación da memoria histórica, económica e cultural de Galicia dende o ano 1936, momento no que comezou Guerra Civil Española.

Historia[editar a fonte]

O Centro Galego de Información foi unha das partes das que se vai compoñer a Grupo Sargadelos, coa cabeza visible no complexo Industrial Sargadelos, o Museo Maside, Edicións do Castro, o real Patronato de Sargadelos e o novo Seminario de Estudios Galegos. Este proyecto transoceánico sirvió también, para interesar a los intelectuales gallegos exiliados en la Argentina desde el final de la guerra civil española en la intención de trabajar por la recuperación económica y cultural de Galicia, que se plasmó en 1963 con la creación del Laboratorio de Formas. O Grupo Sargadelos nace grazas a vontade dos emigrantes galegos no exilio (mayoritariamente na Arxentina), os cales buscaban a recuperación económica e cultural de Galicia. No ano 1963 érguese a base do proxecto: Luis Seoane crea o Laboratorio de Formas. No ano 1977, Isaac Díaz-Pardo colócase a fronte do IGI o cal instála a súa base en San Marcos (Santiago de Compostela). Tan só un ano despois, O IGI cesa a súa actividade.

Actividade Cultural[editar a fonte]

O IGI naceu coa idea de publicar un xornal en galego. pola contra isto non chegou a consumarse nunca. Ao mesmo tempo, Díaz-Pardo seguiu a traballar pola memoria da cultura galega. Pódese dicir que o IGI formou parte da corrente literaria e cultural do grupo Sargadelos. Nos anos seguintes do cese de actividade, no edificio do IGI Díaz-Pardo continuou a recompilar todo tipo de material relacionado coa cultura galega, como por exemplo os arquivos do Goberno Galego no exilio e o patrimonio artístio do seu pai.

Isaac Díaz-Pardo fixou a súa residencia persoal no propio edificio do IGI. Anos mais tarde,Debido a unha profunda crise económica e institucional pola que pasa o Grupo Sargadelos, comezan medidas xudiciais para proceder a destitución de director compostelán, último representante galeguista. Finlamente é cesado no ano 2004. actualmente e despois da morte do autor, o antigo edificio do IGI espera para ser transformado nun complexo hosteleiro.

Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 14 de abril de 2015 ás 09:50 (UTC)[responder]