Conversa usuario:Spytrap
Benvido(a) á Galipedia, Spytrap!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 12:03, 13 de febreiro de 2011 (UTC)
Castro de Burela[editar a fonte]
Ola, Spytrap. No artigo Castro de Burela incluíches unha imaxe que semella ser obra túa. Sobre esta imaxe quero facerche dúas observacións. A primeira é que a súa utilidade sería maior se incluíses a pé de foto algunha lenda que explicase o que queren dicir os diferentes elementos gráficos que leva superpostos, e que supoño que estarán indicando diferentes tipos de achados arqueolóxicos atopados. A segunda é relativa ó copyright que leva indicada a imaxe, como pertencente a Aitor Rodríguez Riveira. Agora a imaxe está aloxada en Commons, e que debes saber que Commons só admite imaxes con licenzas que permitan o seu uso comercial e a obra derivada. Nas páxinas de axuda de Commons tes máis información sobre este tema e eu mesmo podo orientarche se queres. Fágoche esta advertencia porque, de non ser corrixido isto, a imaxe vai durar pouco tempo antes de que un administrador de Commons a borre, o cal suporía unha lamentable perda para o artigo que ilustra. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:55, 13 de febreiro de 2011 (UTC)
Grazas pola información, xa está editado de novo. un saúdo Spytrap 09:22, 15 de febreiro de 2011 (UTC)