Conversa usuario:Sonmiguele

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Criterios de relevancia e vontades persoais[editar a fonte]

Ola, Sonmiguele. A Wikipedia recolle información de relevancia enciclopédica. Como se explica en Wikipedia:Biografías de persoas vivas, a Fundación Wikimedia aprobou unha resolución sobre o manexo de información sobre persoas vivas nos proxectos Wikimedia, e un dos catro puntos é "Que se teña en conta a privacidade persoal e a dignidade humana á hora de engadir ou eliminar información sobre persoas vivas, especialmente en artigos de interese marxinal". Non obstante, a Wikipedia, en tanto que enciclopedia rigorosa, non pode basearse nas vontades de cadaquén á hora de redactar un artigo, sempre e cando se respecte o dereito a ser esquecido. Coido que o nome de nacemento de Paul B. Preciado aparece recollido en numerosas fontes, polo que cumpre os criterios de verificabilidade e non atenta contra a privacidade persoal (e isto xa é unha opinión persoal: coido que o feito de que realizase a transición de xénero axuda a contextualizar a súa posición ao respecto da identidade e o xénero no marco da súa obra, ademais de poñer en relación as obras escritas orixinariamente como Beatriz Preciado). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de xuño de 2023 ás 09:23 (UTC)[responder]