Conversa usuario:RedeWa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, RedeWa!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola RedeWa.

Quería comentarte unha cousiña.

Cando escribas un artigo na wikipedia, o artigo non é teu, non te pertence, é da Wikipedia, é da comunidade. Pode parecer unha parvada, máis é un matiz importante.

Saúdos, benvid@, e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 11:46, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Plataforma Social "TuEntidad.es"[editar a fonte]

Ola RedeWa, o artigo foi borrado polos motivos que se explicaron na discusión do Taboleiro dos administradores. Vese neste artigo un caso claro de spam, algo que vai en contra das políticas da Galipedia, como podes ver aquí. Amais hai precedentes claros na wikipedia en castelán de problemas con ese artigo, ao tratarse dun traballo de autopromoción realizado polos propios creadores de "TuEntidad.es". Para calquera outra dúbida aquí estamos. Un saúdo. --Beninho 15:03, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Sei que o artigo foi creado por ti, pero talvez non me expliquei ben. A cuestión de fondo non é que o artigo sexa, por así dicilo, un panfleto promocional, é que está a ser creado co obxectivo claro de promocionar dita plataforma. Amais diso, as únicas edicións feitas por ti na Galipedia están relacionadas con ese artigo, e nas wikipedias asturiana e catalá (onde existe actualmente o artigo), grande parte do traballo (por non dicir a meriande) do mesmo está feita polo usuario co mesmo nome (supoño que serás ti tamén). A isto podemos engadirlle que as edicións do usuario nesas wikipedias céntranse no artigo Plataforma Social "TuEntidad.es", con só un feixe de edición noutros (e neste caso, moitos deles relacionados co artigo en cuestión). Agardo que quedase un ppouco máis claro. Un saúdo. --Beninho 15:43, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Realmente non podo verificar se iso é certo, xa que como usuaria RedeWa as contribucións aos artigos que mencionas son escasas ou inexistentes. Arriba refírome ás edicións feitas pola mesma usuaria que escribe aquí baixo o nome de RedeWa, que é a que me está a pedir as explicacións sobre o borrado do artigo. Un saúdo. --Beninho 16:04, 29 de outubro de 2010 (UTC)