Conversa usuario:Ramon132321
Benvido(a) á Galipedia, Ramon132321!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. -- JonnyJonny (conversa) 23:04, 15 de agosto de 2012 (UTC)
Benvido Ramón. Teño que dicirche que o texto que queres engadir no artigo Rocío Jurado ten moitísimos erros de ortografía e puntuación, ademais nalgúns casos empregas expresións moi subxectivas que non poder ter lugar nunha enciclopedia. Para rematar, ten moitos erros de tradución. Non dubido que o artigo é moi mellorable, pero por favor, non entres nun conflito de edicións sen tentar chegar a un consenso cos compañeiros que discordan coa túa edición. Se tes calquera dúbida, pide axuda sen usar un ton ofensivo nas páxinas de conversa. Un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 23:04, 15 de agosto de 2012 (UTC)
- Ramón, o compañeiro Jonny expresou perfectamente o problema. Tenta ir pouco a pouco, corrixindo os erros do artigo e ampliándoo, non engadindo un texto extenso moi defectuoso (redacción nun ton pouco enciclopédico, ortografía, ausencia de ligazóns internas e referencias...) que engade inda máis defectos que os que ten a edición previa.
- Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:23, 16 de agosto de 2012 (UTC)