Conversa usuario:Rainya

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Rainya!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 16:57, 28 xuño 2008 (UTC).

gracias hugo!!!, por certo, isto está feito un desastre, non atopo o artigo do Papa actual, nin por pontifiece nin por papa, e non me encaixa así os articulos que creei. Por certo: e como é que eres 22 ??, jejeje —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rainya (conversacontribucións) 17:02, 28 xuño 2008

  • A cerámica si pode ser considerada unha arte do lume, podes ver aquí o proxecto dun museo de arte do lume [1], cousa diferente é que non sexa a maneira máis habitual de definila, rogaríache que non fixeses esa clase de comentarios sen coñecer. Respecto ao artigo que fixeches inferno, é un concepto máis amplo e a Galipedia non pode definilo exclusivamente polo que di a Igrexa católica nin denominar a Benedito XVI o noso pontícife, temos que ser neutrais. Tal como está o artigo non é neutral e débese borrar.--Arco de Rayne 17:10, 28 xuño 2008 (UTC)

Pois vas ter razón no do inferno!!!, quizais sexa non neutral, vou retocandoo ¿podo decir del tamén que é unha arte do lume?? jejeje ¿¿En que vos basastedes para definir como arte de lume a cerámica?? ¿a gastronomía non será tamén a arte do lume?? jejeje —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rainya (conversacontribucións) 17:15, 28 xuño 2008

  • Váleche a Encliclopedia Gráfica de la Cerámica, editada en 1947 por Jorge Saavedra Méndez na súa páxina 767 ou precisas máis referencias --Arco de Rayne 17:19, 28 xuño 2008 (UTC)
  • estimado Arco: todo o mundo sabe que a cerámica tuvo un proceso evolutivo no que, nun principio, nin cocida era, eu son unha aficionada á cerámica e podio decir que a caracterización como "arte del fuego" que ti referes non se pode traducir literalmente ó idioma galego, e polo tanto fundamentar esa terminoloxía nunha obra castelá é un erro maiúsculo. Por favor!!, ¿debo poñer eu o de non neutral nese articulo?? jejeje —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rainya (conversacontribucións) 17:23, 28 xuño 2008

Ola Rainya ! Decheste conta que hai moito que millorar na Galipedia, poís contamos contigo ! Si podes millorar o artigo Cerámica sera unha bóa cousa. Si a estrutura do artigo pareceche mui difícil de aproveitar, vas a páxina de conversa do artigo eiqui e fas unha proposta, usuarios da Galipedia xa virán darche opinión. Saquaches a expresión arte do lume, non me parece mal si esa expresion non se di en galego. Estaria ben que poñas a palabra ou expresión galega que abarca as artes da cerámica, a metalurxia e o vidro na historia da humanidade. A cerámica é unha arte basica nos inicios da humanidade como hoxe en case todas rexiós do mundo, o artigo ten que ter esto en conta. Por outra banda tes que saber que niste proxecto é importante contar coa bóa fe de todos os usuarios e que conven ser neutral e cortés no xeito de falar. Perdoa o mal xeito da miña fala e animate a colaborar. Saúdos ElviraConversa comigo 17:25, 28 xuño 2008 (UTC)

  • bueno, non nos sulfuremos, que vides mensanxeando unha detrais da outra. Non sei que tipo de linguaxe utilizan aqui, tratarei de mellorar miña cortesia. Non comprendín exactamente todo o que me dices, pero tentaremos encaixar como compañeiras, jejeje —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rainya (conversacontribucións) 17:30, 28 xuño 2008
  • Arte do lume utilízase en todas as linguas, podes ver a súa utilización en inglés en The arts of Japanese Ceramics de Tsugio Mikami (1972), estamos de acordo en que é minoritaria pero existe.--Arco de Rayne 17:37, 28 xuño 2008 (UTC)
  • bueno, estadesme agobiando un pouquichinño, creo que se tedes tantos coñecimentos da "arte del fuego" ou da "art of fire" pois mellor creades un artigo e explicadelo, non?? jejeje. Se me dis que é unha denominación minoritaria (en ingles? en galego non me citas uso algún!!! jejeje) pois si é minoritaria pois non a vexo moi neutral, ¿non é? jejeje —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rainya (conversacontribucións) 17:40, 28 xuño 2008
Si eres unha aficionada á cerámica poís debes saber que ox obxectos que se fan con terra non cocida non se chaman cerámicas, eu non sei a palabra galega, pero na sua definición en galego a palabra cerámica solo toca a productos que coceron. Pola arte do lume, xa che dixen que podes pór a palabra ou a expresión que corresponde en galego. A ver si atopas un xeito mais adecuado para conversar e asinas as tuas mensaxes con catro tildes. Saúdos ElviraConversa comigo 17:44, 28 xuño 2008 (UTC)
  • ¿¿como que 'a ver se atopas un xeito mais adecuado para conversar'?? anda, que entón ti decíndome esto non te quedas tampouco atrás!!!, ¿¿catro tildes?? a ti gustanche os acentos (¿por eso escribes 'poís', con acento?? jejeje). —o anterior comentario sen asinar foi feito por Rainya (conversacontribucións) 18:06, 28 xuño 2008

Normas de convivencia[editar a fonte]

Rainya, non sei o tempo que levas na Galipedia antes de rexistrarte hoxe, pero semella que pouco. Se non fose así non podo entende-lo teu proceder. Utilizas un ton nos teus resumes e nas túas respostas que non axuda a entendernos e colaborar neste traballo común. Exemplos hai xa moitos en tan pouco tempo: "este artigo non hai por donde collelo, sumamente deficiente, por favor!!", "a arte do lume??? iso é a pirotecnia!!! por favor!!!", "a ti gustanche os acentos (¿por eso escribes 'poís', con acento??".

Afirmas que "Non sei que tipo de linguaxe utilizan aqui, tratarei de mellorar miña cortesia", o que confirma a miña hipótese de que que es nova na casa. Trátase de algo tan simple como face-lo mesmo que todos facemos na nosa vida diaria: utilizar un rexistro (un ton) acorde co momento e os interlocutores que temos diante. Todos sabemos facelo e todos o facemos tódolos días.

Canto ós aspectos técnicos, abonda con ler esa mensaxe que tes encabezando a túa páxina de conversa, onde xa se explica que "Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta": é dicir: non debes contestarlle a outro usuario na túa páxina, senón na dese usuario. E tamén se di nese mesmo encabezado que "Por favor engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo Lameiro (conversa) 21:10, 28 xuño 2008 (UTC)". Esas son as catro tiles que che din.

Rematas cun comentario a Elvire que a min me parece ofensivo: "¿por eso escribes 'poís', con acento??". Éche certo que "pois" non o leva, pero aquí todos cometemos erros ortográficos de cando en vez, ti tamén, e hai formas e formas de indica-lo erro se cres necesario facelo. No caso concreto de Elvire é onde menos razóns terías para un comentario así. Reiterar ese tipo de "ironías" e esa actitude túa cos demais usuarios sería causa de bloqueo.

Aquí estamos todos dispostos a axudar e a achegar información, propostas de mellora e todo o que necesites. Pregunta o que queiras, discorda cando o consideres oportuno, corrixe os erros alleos que detectes, e terás comprida resposta. Pero respecta sempre o traballo dos demais e a opinión allea. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 21:10, 28 xuño 2008 (UTC)

  • que agobiantes, por deus!! se non queredes que participe, decidemo pero non che me gustan nada os ton que utilizas, nin ti nin o resto das compañeiras. O compañeiro Hugo22 foi amabilisimo, mentras que a compañeira Elvira foi quen me escomeza cuns tons non amables e non lle entendin que queria. Non me deas clases de respecto a min sin darlla tamén ás demais, ¿a que ven reñirme? ¿quen es ti pra darme esta clase? Non sei a que te refires con que sexa causa de bloqueo. ¿Bloqueo? Por favor!! Ah, non sei porque me pides que asine como 'Lameiro'. Se vos preferides que a cerámica sexa a "arte do lume", !vaia! así pintan as páxinas, que cantas mais vexo mais me asusto. Ala! --Rainya 28 xuño 2008 (UTC)
    • Primeiro: ata agora, Hugo, Prevert, Arco, Elvire e mais eu fomos todos escrupulosamente amables. Segundo: creo que teño máis experiencia ca ti na Galipedia e intento axudar, como os outros, ós que empezades. Non son "clases" de nada senón a intención de botar unha man. Terceiro: non pretendo que asines como "Lameiro", claro. Iso foi un erro meu ó copiar e pega-la frase que che dixen que aparecía no encabezamento. O que se recomenda é que cada quen asine as súas intervencións, naturalmente co nome co que se rexistrou, e para facelo tes esa icona na barra que está xusto enriba desta ventá onde escribimos, e que semella unha sinatura. Dándolle aí aparecerá o teu nome, a data e a hora, e non tes que escribilo manualmente. E lembra: se o que queres facer é dirixirte a un usuario (contestar ó que ese usuario che dixo), tes que facelo na páxina de discusión dese usuario, non na túa propia. Cuarto: non teño nin idea de se a cerámica é "arte do lume" ou non, pero xa che deron fontes onde así o afirman. Esas fontes poden estar equivocadas, claro, e se ti cres que o están dá outras fontes que así o confirmen porque aquí non vale con que "eu o digo". Tamén, o lóxico sería facelo na páxina de conversa do artigo, non aquí. Quinto: se tan mal ves a Galipedia que cada vez te asustan máis artigos, benvida sexas para corrixir todos cantos erros poidamos atopar. Todos sabemos que hai erros e tódolos días estamos corrixindo e ampliando artigos. Dous ollos máis sempre serán ben recibidos. E sexto: o do bloqueo vai porque nesta casa temos unhas regras que intentamos respectar e que todo usuario que queira colaborar debe cumprir e quen non as acepte e as incumpra reiteradamente é bloqueado. Unha desas regras é a do trato respectuoso cos demais e, na miña opinión, non a seguiche cando ese comentario a Elvire. Espero terme explicado ben e que entendas que as razóns do que che estamos a dicir non pretenden agobiarte nin desanimarte a colaborar. Gustaríame que quedara claro que é ó contrario. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 00:54, 29 xuño 2008 (UTC)
  • bueno, bueno! mesturando axudas e amenazas non chegamos a ningunha parte. Tampouco se mesturas verdades con afirmacións categóricas irreais. Gracias pola lección maxistral, pero verás: calificar de "fontes" un blog chamado "artedefuego" é digamos pouco serio, por favor!--Rainya 08:33, 29 xuño 2008 (UTC) (xa aprendín o da sinatura, gracias, se cando me puxestedes mais arriba as sinaturas miñas en pequeno tiverades dedicado eses 5 min a explicarmo pois xa o aprendería antes, pero claro: do que se trata é de que vos podades autocalificar de 'escrupulosamente' amables (¿entre vos ou cos demais?, porque o que me dixo elvira carecía dalgúns escrúpulos, e en canto a Arco foi amable nas formas, pero mais que axudar o que fixo foi dar outra lección maxitral, bastante desafortunada diría eu)--Rainya 08:33, 29 xuño 2008 (UTC)