Conversa:Cerámica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artes do lume[editar a fonte]

Semella que a expresión "artes do lume" non se di en galego, pois non vou eu facer traballo inedito copiando do francés, claro está. Xa que non sei como se di en galego, velaquí os elementos do sentido da expresión : a) o sentido n° 4 da palabra arte no dicionario da RAG [1], b a idea (que non é idea miña, pero historia das técnicas) é que co dominio do lume o home desenvolveu tecnoloxías. Non é problema que se retire a expresión xa que non parece xustificada na lingua galega. ElviraConversa comigo 12:02, 29 xuño 2008 (UTC)

  • Eu non diría que non existe, pode ser minoritaria e non estendida, habería que comprobalo en publicacións ou vocabularios especializados , en portugués existe arte do fogo referido á cerámica e traballo do vidro, por ex.[2], ou nunha obra máis académica Arte e transcendência: a obra de Ruy Meira de Rosana Bitar (1991). Xa lle contestei a Conversa Usuario:Rainya da súa existencia tamén en inglés e castelán e por Elvire sei que está máis estendido en francés. Non hai ningún problema en que se utilice outra expresión pero tampouco se pode descalificar a ninguén por usalo, e isto último é realmente o que me amola de certos comentarios, desconsiderados, que houbo pola Galipedia estes días.--Arco de Rayne 12:38, 29 xuño 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cerámica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 17:52 (UTC)[responder]