Conversa usuario:Piquito/Títulos de obras de música clásica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isto non queda moi claro: Os títulos de artigos sobre óperas estarán na lingua orixinal da ópera. As óperas teñen letra que non se traduce, polo que o máis coherente é tampouco traducir os seus títulos. Porén todas as óperas cuxo título orixinal non coincida cunha forma en galego deberán contar cunha redirección dende a súa tradución ao galego. Deste xeito temos:

  • Die Zauberflöte como título do artigo e A frauta máxica como redirección ao primeiro.

Qué che parece así?:

  • Os títulos de artigos sobre óperas estarán na lingua orixinal da ópera. As óperas teñen letra que non se traduce, polo que o máis coherente é tampouco traducir os seus títulos.
Exemplo: Die Zauberflöte como título do artigo, no canto de "A frauta máxica".
Observación: Crearase unha redirección dende o título en galego (A frauta máxicaDie Zauberflöte.


--Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 17:12 (UTC)[responder]

Paréceme boa a idea de Norrin. Piquito (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 17:45 (UTC)[responder]
Pero a tradición no resto do mundo é traducir os títulos das óperas, nun libro enténdese que se non hai tradución en galego non se traduza pero nunha ópera, que non se traduce como tal, a tradición é traducir o título, por que nós imos ser diferentes?--Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 17:17 (UTC)[responder]
Os títulos se traducen tradicionalmente? Depende. Hai algunhas que se adoitan traducir, mais afirmar que no resto do mundo se fai... Te poño por exemplo a Wikipedia en inglés: esta wiki non traduce Il trovatore, Die Meistersinger von Nürnberg, Così fan tutte, La fanciulla del West, La traviata, Les vêpres siciliennes, La gazza ladra... Pola contra traduce Die Zauberflöte ou Il barbiere di Siviglia. Ben, se o texto non se traduce (facelo sería unha aberración, xa que as palabras van coa música), por que debemos traducir o título? Piquito (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 17:45 (UTC)[responder]
Outra dunha wiki de referencia, a francesa: mira a caixa de navegación das óperas de Mozart aquí, só traducen A frauta máxica. En portugués traducen como a metade das óperas de Mozart. En catalán traducen só algunhas das máis coñecidas. En alemán non traducen ningunha. En italiano tamén traducen A frauta máxica, mais Der Schauspieldirektor o deixan en alemán. Os húngaros traducen case todas... Polo que podes ver non é unha norma xeralizada e extendida, só se adoitan traducir algunhas das máis representadas (especialmente se son en alemán). Piquito (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 17:53 (UTC)[responder]

Non falaba das wikipedias a verdade, pero botei unha ollada ás webs das óperas de Milán, Nova York e Londres e aínda que hai de todo, si tes razón en que polo xeral non se traducen, aínda que hai múltiples excepcións nalgunhas das obras máis coñecidas.--Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 18:43 (UTC)[responder]

Eu creo que para traducir unhas si e outras non o mellor é traducilas todas ou deixalas todas na forma orixinal, do mesmo xeito que só traducimos os títulos de filmes ou libros que teñen versión en galego non vexo motivo para traducir o título dunha ópera na que tamén hai texto. Creo que onde pode haber máis problema é no caso dos ballets, eu mesmo non o teño claro, porque non hai referencias aos títulos en galego, mais a verdade é que os nomes dos ballets de Tchaikovsky en ruso quedan extraños... é habitual ver os títulos en francés pola gran tradición deste xénero en Francia, mais tampouco estou seguro de que a solución sexa poñer todos en francés. Piquito (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 18:48 (UTC)[responder]

Creo que o que comentas dos títulos dos ballets en ruso que quedan estraños. Pero, pensándoo, en francés quedaría mais estraño todavía. Eu os deixaría en ruso, con redireccións.

En canto a traducir / non traducir óperas e ballets, penso que poderíamos empregar o título en galego de haber referencias para este (enciclopedias e obras de referencia de música clásica), non credes Piquito, Sernostri? --Norrin (Fálame) 16 de marzo de 2014 ás 15:01 (UTC)[responder]

Norrin, como non apareza algo en enciclopedias en galego o vexo complicado, non hai ningunha obra de referencia sobre música clásica en galego, ou alo menos eu non a coñezo... pode que sobre algún compositor galego haxa algún traballo publicado, mais obras monográficas sobre Tchaikovsky por exemplo, ou mesmo o libro de historia de Grout e Palisca (que é do máis coñecido) só están dispoñibles en castelán... Eu non teño ningunha enciclopedia en galego, pode que nalgunha se fale de algún ballet de Tchaikovsky, Prokofiev, Stravinsky, etc... mais bibliografía especializada estou seguro ao 99% de que non hai. Piquito (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 16:09 (UTC)[responder]
Ben, era unha idea. En calquera caso penso que o de traducir algunhas sí e outras non, pois é o que facemos con todo. O que no podemos facer é inventarnos nada. Mais se nas enciclopedias traducen, canto menos, as obras mais importantes (que non sei se o fan, ollo), habería que consideralo. --Norrin (Fálame) 17 de marzo de 2014 ás 07:57 (UTC)[responder]
Cos ballets creo que ten máis sentido, non teñen letra e se hai fontes por qué non o imos facer. Coas óperas cámbiache o conto, teñen letra que non se traduce (antes se facía porque moitos cantantes non sabían alemán e as traducían ao italiano, pero eso agora está erradicado... afortunadamente). Eu creo que se no ballet hai forma en galego recoñecida nalgunha publicación (non sei se o programa dun concerto vale, non sei se ten que recoñecelo algunha autoridade con competencias en materia lingüística) se podería traducir perfectamente, o problema é atopar as fontes dado as carencias que temos sobre estas temáticas na nosa lingua... Piquito (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 10:40 (UTC)[responder]