Conversa usuario:Pablo Otero

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Pablo Otero!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Banjo tell me 11:51, 20 febreiro 2009 (UTC)

Páxina de usuario[editar a fonte]

Boas e benvido Pablo! Agardo que a túa estancia sexa máis agradable aquí ca na Wikipedia en español, dado que vexo que fuches expulsado de alí. Non obstante, e segundo as nosas normas sobre páxinas de usuario, non están permitidos os ataques aos demais (aínda que non sexan deste wiki). Deste xeito, afirmacións como "... a wikipedia en castellano está controlada por certos individuos fascistas..." debes retiralas. Espero que o comprendas e que o retires, ou pola contra terei que ser eu o que o faga. Faino, por favor, para evitarte problemas aquí. Para calquera outra cousa que queiras aquí me tes. Grazas e deica logo! --Toliño Fala aquí comigo 12:56, 25 febreiro 2009 (UTC)

Por suposto que as retiro. Para o que se precise aquí estou.--Pablo Otero 13:06, 25 febreiro 2009 (UTC)

  • Vexo que non entendeches ben a Toliño. Non se trata de retira-la palabra "fascistas", que che deu só como exemplo. Case todo o texto que tes na túa páxina de usuario atenta claramente contra as persoas e contra o proxecto Wikipedia, e non resulta admisible. Non podes entrecomiñar cousas como "xente como esta", non podes acusar de "recorrer ao poder e non aos argumentos", nin que "a wikipedia en castellano está controlada por certos individuos" ou que "a wikipedia en castellano está chea de falacias e mentiras deliveradas, desinformación e opinións partidistas". Todo o que escribes está cheo de resentemento e non é este o lugar para debater quen tivo razón ou non, e en calquera caso non será así como demostres nada de nada. Creo, sinceramente, que comenzar a túa colaboración na Galipedia con estes plantexamentos só vai representar malestares e problemas. Por favor, reconsidera a túa presentación no seu conxunto, non por esta ou aquela palabra. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:21, 25 febreiro 2009 (UTC)

A páxina, que fora borrada por Pablo Otero, foi recuperada para conserva-lo historial e as intervencións tanto súas como doutros editores. É unha forma de írmonos coñecendo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:56, 25 febreiro 2009 (UTC)


Grazas, Pablo[editar a fonte]

Grazas, Pablo, por borrares eses contidos da túa páxina de usuario (non por borrar, tamén, a páxina de discusión). Como é natural, podes, se o consideras oportuno, facer unha presentación ou expor os teus intereses, as áreas nas que pensas editar, ou engadir o que queiras, desde unha perspectiva, digamos, máis positiva. E, perdoa por non dicircho antes pero benvido á Galipedia e ánimo. Unha aperta, Pedro --Lameiro (conversa) 20:07, 25 febreiro 2009 (UTC)

Nada, pensei que era mellor borrala, pero vexo que non. É que viña moi, moi quente de discutir cos administradores da wiki en castelán, non o teñades en conta. É unha mágoa que leven o da toponimia como o levan, pero en fin... Apertas --Pablo Otero 23:05, 25 febreiro 2009 (UTC)

  • Xa se sabe: fóra de aquí ninguén é quen de entender que na toponimia galega as formas correctas son as formas galegas, e semella que con Ourense a A Coruña xa teñen de abondo. Se aquí mesmo, entre nós, tivemos durante anos aquela estúpida liorta sobre A/La Coruña, tampouco podemos extrañarnos de que na Castela non o entendan. Xa estamos afeitos a iso, e xa irán caendo da burra. Mentres tanto, non te alporices e tranquilo. Bueno: outra cousa é lembrarche que se as respostas non as pos na miña páxina de conversa (ou na do usuario a quen contestes) pode suceder que o destinatario non se entere. Veña. Saúdos e a por outra. Pedro --Lameiro (conversa) 23:16, 25 febreiro 2009 (UTC)