Conversa usuario:Nuria~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Nuria!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Toliño Fala aquí comigo 14:18, 25 novembro 2009 (UTC)

Problemas co artigo sobre Morodo[editar a fonte]

Benvida á Galipedia Nuria! Recoméndoche que lle botes unha ollada ás páxinas de iniciación para aprenderes o máis básico antes de comezar a editar: podes ler a benvida ao proxecto, unha breve introdución ao mesmo e unha guía básica de edición. Dígoche isto porque o artigo sobre o mc Morodo conta con moitos problemas actualmente que veñen arrastrados de facer tradución dun artigo con problemas na Wikipedia en castelán. Para comezar existen diversas oracións subxectivas que non poden aparecer na artigo: por exemplo, non podemos entrar en valoracións sobre se é o peor ou o mellor no que fai. Todo o que se diga no artigo debe ser verificable mediante fontes externas para que alguén que o lea poida comprobar o que nel aparece.

Por suposto, con todo isto non quero desmerecer o teu traballo, só darche as pautas para que o vaias facendo mellor. Todos fomos novatos e cometemos erros! ;P Se tes algunha dúbida, eu ou calquera outro usuario ao que preguntes intentarache axudar amablemente co problema que teñas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:18, 25 novembro 2009 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)