Conversa usuario:Miguel Manteigas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Miguel Manteigas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 08:08 (UTC)[responder]

Carballo[editar a fonte]

Boas Miguel, benvido á Galipedia. É un pracer contar con usuarios novos que queiran unirse ó proxecto. En primeiro lugar, no tocante ás fotos, podes ver que nas páxinas de concellos e cidades temos un formato de estilo nas caixas de información. Se poñemos/substituímos unha imaxe debemos manter este mesmo estilo. As túas edicións, racharon levemente con este estilo, polo que, ó ser un usuario novo recomendaríache que te fixases en artigos como Pontedeume, que é artigo de calidade, para engadir ou modificar o contido. Como podes ver, no artigo Pontedeume inclúese un modelo de montaxe fotográfica para facer un collage con varias imaxes. As túas fotos son perfectamente válidas e anímote a que as inclúas, seguindo este criterio. Algunhas das túas outras correccións estaban a engadir contido innecesario na ligazón como podes ver aquí: [[Laracha|Laracha]] , a colocación do pronome estaba ben orixinalmente, así como outros pequenos cambios que non requirían de modificación xa que tamén son correctos como estaban escritos. Anímote a seguir editando e non teñas medo a cometer erros, ninguén naceu aprendido. Se tes calquera dúbida podes preguntar a calquera usuario que vexas activo. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 13 de xullo de 2018 ás 11:40 (UTC)[responder]