Conversa usuario:Maybaris1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Maybaris1!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 26 de outubro de 2013 ás 22:32 (UTC)[responder]

Imos ver, a mín mosquéame o xeito que tendes de escribir traducindo do español, o noso idioma Galego ten tal riqueza de vocablos que non fai falla utilizar o devandito español...non se dí: "Se creou unha páxina..." eso é unha traducción, en galego sería: "Créouse unha páxina...". --Maybaris1 (conversa) 26 de outubro de 2013 ás 11:10 (UTC)[responder]

Ola, Maybaris1. Se queres comunicarte con algún dos usuarios da Galipedia tes que dirixirte a el na súa páxina de conversa. Outramente non verá a mensaxe. Gracias e benvido. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 26 de outubro de 2013 ás 22:32 (UTC)[responder]

Gardar cambios[editar a fonte]

Boas tardes Maybaris. Supoño que ti es a IP que cambiou "Pra en troco de para, nazóns en troco de nacións...etc." no artigo 7 de xaneiro, cambios que foron revertidos axiña. A razón é moi simple: "pra" e "nazóns" non son formas correctas. Na Galipedia seguimos as normas ortográficas e o léxico establecidos pola RAG. Pero ¿onde viches "Se creou a páxina...". Iso si que está mal, desde logo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de xaneiro de 2015 ás 16:57 (UTC)[responder]

Boas, eu acabo de revertir o teu último cambio no artigo patente de corso porque o termo durante é correcto segundo a RAG como se pode comprobar aquí. Perante é un sinónimo correcto tamén pero na Galipedia, para evitar conflitos, séguese a norma de que se dous termos son sinónimos e aceptados pola RAG mantense o termo utilizado polo editor que primeiro o engadeu ó artigo. Se ten calquera dúbida pode preguntar na Taberna ou na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 00:46 (UTC)[responder]