Conversa usuario:Lucía.Casal.Angustia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Lucía.Casal.Angustia!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.-Maria zaos (conversa) 20 de abril de 2021 ás 07:27 (UTC)[responder]

Contribucións en Susan Solomon[editar a fonte]

Ola, grazas polas túas edicións en Susan Solomon. Fixeches correctamente as ligazóns internas aquí, eliminado as ligazóns á wikipedia en castelán que figuraban daquela nesta entrada. As ligazóns internas sempre apuntarán a outras entradas dentro da Wikipedia en galego, nunca a outras wikipedias ou sitios web externos. Para estas últimas reservamos o espazo da sección Ligazóns externas. Aínda non temos entradas na Galipedia sobre estes temas, por iso aparecen en vermello. Un detalliño: cando non exista a entrada destino dunha ligazón interna hai que coidar de escribir o seu nome correctamente. Por que? Porque cando pinchamos nunha ligazón vermella podemos crear deseguido a nova páxina co nome indicado, e se este é incorrecto, crearase baixo un título incorrecto. Podes consultar as convencións que ten a Galipedia para os títulos das entradas acó e tamén aquí. Nestes casos que achegaches: [[Intergubernamental de Cambio Climático]], [[Terceiro Informe de Valoración]] e [[Cuarto Informe de Valoración]] a escolla de título pode mellorarse, xa que falta indicar as entidades responsables : Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático; Cuarto Informe de Evaluación do Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático etc. Habería que comprobar tamén se en galego está admitido "Panel" con este significado ou cómpre substituílo por un termo máis acaído.

En todo caso este é un consello para o futuro e non ten maior problema, xa que moitas veces se crean títulos erróneos na Wikipedia e, como todo, ten solución: Móvense do erróneo a un novo e bórrase o título erróneo.

Moitas grazas por animarte a colaborar na Galipedia. Un saúdo.- Maria zaos (conversa) 3 de maio de 2021 ás 16:32 (UTC)[responder]