Conversa usuario:Kamakic

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Kamakic!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(non te me poñas así) 16:40, 15 de maio de 2010 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

Quéroche dar os meus parabéns polo traballo que estás facendo, botábase a faltar alguén que le metese a man a certos temas que estaban un pouco deixados de deus. Só quero suxerirche algo: cando atopes que cómpre mellorar tal ou cal aspecto dun artigo é mellor que deixes o marcador correspondente no encabezamento do propio artigo, faise máis visible que se o pos na páxina de conversa e será máis doado que alguén se anime a editalo. Ánimo e segue así. Xoacas(non te me poñas así) 19:03, 19 de maio de 2010 (UTC)

Tes razón no que dis, pero un efecto secundario de empregar un ou outro marcador é que o artigo en cuestión pasa a formar parte dunha categoría concreta (por exemplo: Categoría:Wikipedia:Artigos que requiren referencias ou Categoría:Artigos sen formato wiki). Empregar os marcadores nas páxinas de conversa leva a erros nas categorizacións. Sobre a importancia disto faraste unha idea cando leas isto. Por outra banda, moitas veces un detense a arranxar aqueles artigos nos que se pode ver un marcador de aviso que indica que hai cousas que arranxar, e se está na páxina de conversa nada o indica. Xoacas(non te me poñas así) 15:49, 20 de maio de 2010 (UTC)

Non che sabería dicir: polo que vexo, o Modelo:Por facer emprégase case sempre en páxinas de conversa, mentres que o Modelo:PendenteArtigo se emprega nos artigos. Pero aínda así o Modelo:Por facer categoriza dentro de Categoría: Artigos tarefas pendentes, ou sexa, que non arranxamos nada. O que eu sei é que nunca antes vin usar o Modelo:Por facer. Eu sendo ti preguntaríalle a Usuario:Toliño, que nestas cousas controla moito máis ca min. Xoacas(non te me poñas así) 16:07, 20 de maio de 2010 (UTC)

RE: Modelos[editar a fonte]

Creo que xa cho dixeron por aí arriba: o modelo {{Por facer}} emprégase nas páxinas de conversa mentres que {{PendenteArtigo}} (quizais con menos uso, mesmo en desuso) ponse ao comezo dun artigo. En calquera caso, ambos cumpren a mesma función. Saúdos e benvido ao proxecto! --Toliño Fala aquí comigo 17:05, 21 de maio de 2010 (UTC)

É importante o que dixeches en Conversa:Fé (canción) sobre os dereitos de autor das letras das cancións. Estiven buscándoo pero non o atopei, pódesme dicir onde o viches? De ser certo habería que dar un repaso aos artigos sobre cancións para evitar incorrer en ilegalidades. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 15:31, 26 de maio de 2010 (UTC)

Non necesariamente é así en todos os casos. Unha composición pode ser adoptada como himno nacional anos despois de ser composta, en outros casos pode non ser recoñecida oficialmente (creo lembrar o caso de Noruega), en calquera caso os dereitos do seu autor non poden ser lesionados. Se sabes de algún caso no que non sexa así non temas reverter a miña edición. Saúdos. Xoacas(sólo la puntita) 15:47, 31 de maio de 2010 (UTC)

Alto alemánico[editar a fonte]

Logo cómpre redactalo de novo, porque así como se empeña en redactalo a ip non ten moito sentido.--Paradanta 21:59, 3 de xuño de 2010 (UTC)

Lingua suaba[editar a fonte]

Ola. Bótalle unha ollada ás últimas edicións de Lingua suaba, a ver que opinión che merecen. Saúdos. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 21:02, 10 de xuño de 2010 (UTC)

En xeneral as edicións de 85.1.207.71. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 21:07, 10 de xuño de 2010 (UTC)

En xeral estou de acordo contigo, pero a miña petición é moito máis primaria: dicíache que miraras as edicións desa IP porque foron en artigos nos que estivestes traballando ou en outros relacionados, e parécenme sospeitosamente tendenciosas, pero non son quen de revertelas porque non entendo nin palote da materia. Saúdos. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 14:42, 11 de xuño de 2010 (UTC)