Conversa usuario:Juan Quisqueyano
Benvido(a) á Galipedia, Juan Quisqueyano!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 15:02, 21 xaneiro 2010 (UTC)
Tradución de artigos
[editar a fonte]Boas noites, Juan. Non é boa práctica iso de recorrer a unha tradución dos artigos doutras wikis e menos aínda facelo cun tradutor automático e sen revisa-lo resultado: a consecuencia é importar modelos que non existen na Galipedia e introducir erros do tradutor. Falo de Juan Francisco Ordóñez. Pódese coller esa información como unha base de traballo pero dándolle unha redacción propia. E, despois sobre ese resultado, categorizar, engadir interwikis, etc., etc. Pero peor aínda é iso de oculta-la orixe dese artigo, non recoñece-la autoría dos nosos colegas da es:wiki, algo que cómpre facer sempre (habitualmente no resumo da primeira edición). Non facer constar que o artigo é unha tradución achégase moito a unha violación dos dereitos do autor do artigo na wiki de orixe. Non deixes de incluír esa indicación de traduces algún outro artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:54, 21 xaneiro 2010 (UTC)