Conversa usuario:Ivangarciacasal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Ivangarciacasal!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 4 de febreiro de 2022 ás 20:32 (UTC)[responder]

Retirado marcador en uso. Mover a subpáxina[editar a fonte]

Ola! Grazas polo teu traballo na biografía escollida. Vexo que retiraches o marcador en uso. Entendo que xa non vas facer máis cambios. Se desexas mover a páxina o espazo principal e/ou tes problemas para facelo podes indicalo contestando a esta mensaxe ou enviando un correo electrónico. Se pola contra, non desexas que quede visible o teu traballo na Galipedia, podes solicitar o borrado da túa subpáxina polos mesmos medios ou engadindo o modelo lixo na túa subpáxina. Tes ata o día 20 de marzo para comunicalo. De non recibirmos ningunha notificación, a túa subpáxina actual será borrada coa finalización do proxecto o día 21 de marzo. Calquera consulta podes facela no espazo de conversa do proxecto pedagóxico, na miña páxina de conversa ou no correo. Saúdos! FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 21:38 (UTC)[responder]

Boas, non recibín ningunha resposta á consulta que che formulei na túa páxina de conversa (igual non a viches). Para esta bibografía publicaches dúas versións da biografía, a primeira ben, publicando como borrador e unha segunda na que esqueciches marcar "publicar como borrador". Desta volta copiarei este texto na resposta do correo recibido o 16 mar, 18:57 h, no que indicas "Quero publicar a miña biografía "Judith Sutz".
Vin que as modificacións máis recentes as fixeches na biografía publicada na páxina do espazo principal (no espazo principal o título nunca vai precedido de Usuario:Ivangarciacasal/) na que consta a última edición coa data 17 de marzo de 2022 ás 09:08‎ Parabéns polo teu traballo! Por esta razón, agás que me indiques o contrario, o día 21 de marzo solicitarei o borrado da subpáxina, na que deixaches de traballar o 10 de marzo de 2022 ás 18:40‎ (esta). Na que xa publicaches ti para formar parte dos contidos do espazo principal da Galipedia (a última) porei un marcador de en uso para poder revisala.
Moitas grazas por animarte a colaborar coa Galipedia e en concreto co Wikiproxecto mulleres, nado para combater a fenda de contidos na Wikipedia. Na páxina do proxecto atoparás máis datos e suxestións de biografías a crear, por se te animas a continuar. FormacionWiki (conversa) 18 de marzo de 2022 ás 00:17 (UTC)[responder]