Conversa usuario:Irisverin

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Irisverin!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 20 de novembro de 2013 ás 16:06 (UTC)[responder]

¡Asústate, Merche![editar a fonte]

Ola Irisverin, borrei o teu artigo ¡Asústate, Merche! (español) porque esta é a wikipedia en galego e xa existe o artigo ¡Asústate, Merche! que podes ampliar. Se queres podes crealo na wikipedia en español. Un saúdo. --Xas (conversa) 20 de novembro de 2013 ás 16:11 (UTC)[responder]

Ola Xas. Non sei se chegará esta mensaxe porque é a primeira vez que uso Wikipedia e non teña moita idea. O feito de que eu use esta enciclopedia libre é debido a unha práctica de clase que consiste en ter que facer un artigo utilizando unha serie de ferramentas. O profesor díxonos que sería máis doado para nós buscar un nun idioma e traducilo e iso foi o que fixen. Non me dei conta de que estaba na Wikipedia en galego. O caso é que se non se publica o artigo, a práctica quedaría suspensa. A min o que máis me importa e que quede publicada para que sexa corrixida pero de todas formas creo que xa solucionei o problema e xa a publiquei na Wikipedia. Moitas grazas polo aviso. Un saúdo. --Irisverin (conversa) 20 de novembro de 2013 ás 21:42 (UTC)[responder]