Conversa usuario:Inteconfido

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Inteconfido!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2017 ás 22:23 (UTC)[responder]

Escudo de Munilla[editar a fonte]

Bos días. En heráldica os escudos defínense polo seu brasón. O brasón é textual, e no caso de Mons. Munilla é "en campo de prata, un Sagrado Corazón". Polo tanto, a representación de Ficheiro:Coat of arms of Jose Ignacio Munilla Aguirre.svg é correcta. No caso do outro escudo proposto, Ficheiro:Escudo episcopal Jose Ignacio Munilla Aguirre.svg, non é o seu "escudo oficial", mais unha "representación oficial do seu escudo" (que, lembremos, ven definido polo brasón) (aquí temos outra representación na súa casulla, na que se amosa claramente o campo de prata). Sendo ambas imaxes correctas, e estando as dúas en SVG, cómpre manter a primeira revisión. Por outra banda, e xa a modo informativo, a representación proposta ten algunhas eivas: o campo de prata aparece representado cun "celeste" que fai dubidar se o campo é de prata ou azur (que son as cores heráldicas), cousa que non pasa co que está no artigo. Por outra banda, cómpre salientar que non é "ortodoxo" (heraldicamente) representar os esmaltes e metais con gradacións. --Norrin (Fálame) 14 de xuño de 2017 ás 07:36 (UTC)[responder]

Outro exemplo --Norrin (Fálame) 14 de xuño de 2017 ás 07:50 (UTC)[responder]