Conversa usuario:Inovegil
Benvido(a) á Galipedia, Inovegil!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 5 de maio de 2016 ás 17:50 (UTC)
Votacións[editar a fonte]
Ola Inovegil. Veño de riscar o teu voto en Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Manuel María, xa que polo momento non cumples os requisitos mínimos para participar nas votacións. Podes, e eres benvido, opinar na sección de comentarios das votacións mentres non cumplas estes requerimentos. Segundo vaias colaborando máis e adquirindo experiencia no sistema, chegaras a cumprir os mínimos de contribucións e tempo necesarios e poderás participar en calquera votación con normalidade. ☣Banjo tell me 5 de maio de 2016 ás 17:50 (UTC)
- Oops, na versión en castelán, estou confirmado, erro meu. De tódolos xeitos, non se especifican os permisos necesarios para participar en votacións nas páxinas, coido que podería engadirse un aviso alomenos. Un saúdo. --Inovegil (conversa) 6 de maio de 2016 ás 08:48 (UTC)
- Ola de novo. Tes razón en que non está nada claro nas propias páxinas de votacións, tentaremos arranxalo para que saia un pequeno aviso nas votacións de agora en adiante. Grazas! ☣Banjo tell me 6 de maio de 2016 ás 09:17 (UTC)