Conversa usuario:Iagoiaguete

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Iagoiaguete!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • Cargache a seguinte imaxe [[1]] sen licenza, compre que cando cargues imaxes escollas unha licenza no cadro de subida; a máis acorde coa imaxe a subir, asimesmo a imaxe, se é procedente doutro lugar debe de estar libre de dereitos de autor (CopyRight), para máis información podes consultar as seguintes páxinas: licezas de imaxes, politicas de uso das imaxes e, finalmente como subir imaxes, para máis dubidas aí nos tes. Un saúdo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 02:43, 10 decembro 2006 (UTC)

Outra Benvida e Cabanas[editar a fonte]

Ola Iagoiaguete. Grazas polas túas contribucións. Deille formato (sobre todo engadín ligazóns internas) ó artigo do concello de Cabanas (supoño que serías ti o que traballo nel estes días. Se é así (moito fíxoo unha ip), noraboa por como quedou e polo teu dominio de galego na escrita.

Se accedes ó artigo, e premes na pestana historial, poderás comparar edicións e ver polo miúdo os cambios que realicei. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:23, 10 decembro 2006 (UTC)

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Ponte de ferro.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Ponte de ferro.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)

Concretando: Entendo polo tamaño da imaxe e polas súas características (consta a cámara coa que se fixo) que a foto foi realizada por ti. Se é así, debes editar a imaxe e escribir, por exemplo (hai máis posibilidades) unha destas dúas opcións:

  1. Eu son o autor {{PD-propia}} (--> a imaxe estará no dominio público sen retricións)
  2. Eu son o autor {{GFDL-propia}} (--> a imaxe terá algunhas retricións: se alguén a usa deberá nomear o autor e a fonte da imaxe,...)

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:36, 10 decembro 2006 (UTC)

Caixa de imaxes[editar a fonte]

A imaxe Image:Ponte de ferro.JPG cos datos que lle engadiches estaba xa correctamente. Grazas. Engadinlle inda así unha caixa para unha mellor presentación dos datos. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:50, 24 marzo 2008 (UTC)