Conversa usuario:Iagohermo
Benvido(a) á Galipedia, Iagohermo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Paradanta (Cóntame) 10:03, 7 de decembro de 2010 (UTC)
Procedencia do artigo[editar a fonte]
Ola, Iagohermo! Se te fixas, ao editares un artigo, debaixo do recadro rosa onde se informa do tema das licenzas aparece outro espazo rectangular alongado encabezado pola palabra Resumo. Pois ben, aí, antes de gardares o artigo, debes indicar de onde proceden os datos que escribiches, unha páxina web, un libro, ou, como é o caso de Martha Argerich, o seu correspondente artigo na wiki en castelán. Enriba, na benvida, deixeiche unha serie de ligazóns para te informares deste e doutra serie de protocolos que existen na Galipedia. Para calquera dúbida que teñas podes preguntar na páxina de conversa de calquera usuario. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 10:03, 7 de decembro de 2010 (UTC)