Conversa usuario:Helen Brague

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 14:29 (UTC)[responder]

Willyrex[editar a fonte]

Benvida á Wikipedia, Helen! :) Grazas por animarte a contribuír. Escríboche porque a tradución que fixeches do catalán de Willyrex ten un marcador de seguimento que indica que non segue o formato habitual da Wikipedia. Por iso entrei e modifiquei algunhas seccións para que se axustasen algo máis. Pode serche útil consultar o Wikipedia: Libro de estilo para saber máis deste tema
Os problemas viñan xa da entrada orixinal en catalán, pero xa que estas traballando nel e sabes do tema, poderías engadirlle algunhas cousas que o mellorarán, sen dúbida. O máis importante é que o que se indica en calquera entrada da Galipedia ten que estar baseado en fontes publicadas. De seguro que podes atopar algunha reportaxe de youtubers gamers que axude a indicar de onde saen as cousas. É moi importante, xa que calquera información sobre unha persoa viva que non teña referencias pode levar, chegado o caso, á súa eliminación. Para citar podes consultar Wikipedia: Citar as fontes
Outro tema é a indicación do tempo. Aquí tendemos a escribir con tempos verbais en pasado e a indicar o momento en que pasa cada cousa. Un exemplo, se hoxe a canle ten un número determinado de subscricións escribiríase "En marzo de 2019 tiña x subscricións", para que aguante o paso do tempo sen perder veracidade. O ideal é que o texto sexa coherente no uso de tempos verbais.

Por outra banda modifiquei moitas das maiúsculas que xa aparecían na entrada en catalán e cambiei o título dos libros, que estaban traducidos ao galego, ao seu título en castelán, xa que as referencias que indicaches ligaban ás versións en castelán. Se houbese traducións en galego, que non sei, anímote a indicalas.

Un saúdo e adiante coas túas contribucións! :)

Maria zaos (conversa) 22 de marzo de 2019 ás 22:29 (UTC)[responder]