Conversa usuario:GzS

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, GzS!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:36, 4 agosto 2007 (UTC)

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Xose Gil.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Xose Gil.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios) Un cordial saúdo Lmbuga Commons - Galipedia 15:36, 4 agosto 2007 (UTC)

Ola GzS, grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos

¿Que debes indicar?

De onde procede a imaxe

  • Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
  • se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
  • se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.

¿Cal é a licenza da imaxe?

Se é unha obra derivada doutra imaxe ou foto, é posible que teñas que poñer a mesma licenza que tiña a imaxe orixinal.
  • No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña. Se non sabes a licenza que ten no lugar orixinal, pregúntame indicándome a orixe.

Todas as imaxes que se soben á Galipedia e a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que hai varias posibles licenzas. A licenza {{PD}} coloca a imaxe no dominio público sen restricciones. En poucas palabras, a licenza {{GFDL}} obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomeen os datos que esta ten (autor, lugar de onde se obtivo,...).

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede ás túas fotos.
  • Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
  • Garda a páxina

¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?

No momento da subida hai unha caixa na cal podes escribir que pon Descrición. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto

A cousa como ves non é doada. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.