Conversa usuario:Grillovsky

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Grillovsky!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 19 de marzo de 2019 ás 14:10 (UTC)[responder]

Dous usuarios[editar a fonte]

Ola, Álvaro, quizais vexas esta mensaxe dúas veces. Na primeira, no outro usuario, deixeiche unha pregunta de se ía todo ben. Na segunda, que é esta, xa me dou de conta de que algo non vai ben. :) Bueno, o primeiro é que se necesitas calquera cousa, aquí estou. Preguntas, axuda para mellorar ou para facer algo que queres facer, etc. O que necesites.

O segundo é que por casualidade vin que manexabas dous usuarios. Dáme a sensación de que non queres manexar ningún dos dous, e que por iso puxeches o de 'páxina pechada'. Iso, obviamente, é cousa túa. Eu preferiría que non o pechases (o artigo de Piątek está wai), pero son as túas decisións. O caso é que a mesma persoa non pode ter dous usuarios da Wikipedia, agás circunstancias excepcionais. Así que deberías quedar con un só, o que máis che apeteza. Claro, que se non queres usar ningún, pois xa nada. Cóntame o que prefiras facer, porque teño que marcar nalgures que os dous usuarios pertencen á mesma persoa, vale? Só iso.

Agardarei un par de días ou así, a ver se ves esta mensaxe. E moitas grazas. Estou aquí para o que queiras. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de maio de 2020 ás 18:38 (UTC)[responder]