Conversa usuario:Elisardojm/Lista de castelos de Portugal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Espazo de nomes[editar a fonte]

@Elisardojm: Hai tempo decidiuse que as listas automáticas de Wikidata deben estar no espazo de nomes Wikipedia (Wikipedia:Votacións para borrar/Wikipedia:Lista de persoas nadas en Gales segundo Wikidata) Banjo tell me 24 de decembro de 2018 ás 10:03 (UTC)[responder]

Entendo que esa votación foi para determinadas listas que poden ir aumentando no tempo e hai que modificar, pero este caso penso que é diferente, esta é unha lista estática xa que non creo que se constrúan máis castelos en Portugal :), e penso que ten utilidade no espazo principal igual que o resto de listas... Tan só hai que poñer os títulos en Wikidata e será semellante ó resto de listas... Saúdos, -- Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2018 ás 10:12 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Foi para tódalas listas que usan o ListeriaBot, partindo desa inicial. Ese é o consenso actual. Banjo tell me 24 de decembro de 2018 ás 11:05 (UTC)[responder]
@Banjo:, esas listas son listas de mantemento, pola contra, esta lista é moi semellante a calquera das que hai en Categoría:Listas. Eu entendo que este caso é diferente, pero se non o ves así podemos tratalo na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2018 ás 11:30 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── @Elisardojm: Desde o punto de vista das propias listas no espazo de nomes principais:

  • Deberían incluír contido significativo para cada elemento, non só unha relación simple de conceptos temáticos (para o que xa temos categorías).
  • Todo o que se inclúa nas listas ten que estar referenciado, ó igual que o resto de artigos.

Desde o punto de vista da edición:

  • Deberían ser o máis doadas de editar, modificar e actualizar.

O primeiro punto é debatible, e depende da cantidad de información incluída na lista (nome + foto + lugar é algo escaso, pero iso xa sería algo a ver de forma individual) O segundo punto é innegociable, e na maioría dos casos Wikidata non fornece esta capacidade (a propia Wikidata, ó igual que as Wikipedias, non é unha referencia secundaria válida) O terceiro entra en conflito coa propia natureza da "editabilidade" dos artigos. Se ben é relativamente doado actualizar a lista en base ó que haxa en Wikidata, non o é tanto actualizar os datos no propio Wikidata, polo menos non para todos, para moitos editores é máis doado se os datos están en formato plano no propio artigo. A contrapartida a isto podería ser que ó estar os datos centralizados en wikidata, facilítanse certas actualizacións en segundo qué casos.

Eu non son partidario de ter listas automatizadas no espazo de nomes principal. Pero mellor pide terceira opinión na Taberna. Banjo tell me 24 de decembro de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]

@Banjo:, en Wikidata os datos poden ter referencias asociadas, e supoño que tamén poderán engadirse ás listas, precisamente hoxe vin varias listas automáticas que tiñan referencias, o que non mirei foi como as obtiñan. Por outra banda xa hai elementos non editables nos artigos, toda a información das fichas que se obtén de Wikidata non se pode editar directamente nos artigos, pero pode editarse nese servidor... E síntoo, eu agora non podo facer a consulta na taberna, estou bastante liado... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2018 ás 12:12 (UTC)[responder]

Estou con Banjo en que estas listas automáticas deberían quedar en espacio diferente do principal. O contrario supón cruzar unha liña que pode dar lugar a moitos problemas. Sería como entrar a facer artigos con bots, algo ao que a comunidade sempre se ten oposto. --. HombreDHojalata.conversa 26 de decembro de 2018 ás 19:33 (UTC)[responder]

Banjo e HombreDHojalata, copiei a conversa na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:12 (UTC)[responder]