Conversa usuario:Divesgallaecia2012

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Divesgallaecia2012!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 10:38, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Nimiedades[editar a fonte]

Súmome á benvida.

Déixovos aquí uns detalliños a ter en conta cando engadides etimoloxías, relativos a pequenos erros recorrentes.
"Latín" leva acento gráfico.
Despois de signos coma punto e seguido e vírgula cómpre deixar un espazo.
As veces metedes paréntese seguido de coma, cando non é necesario...

Máis nada. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 07:50, 13 de abril de 2012 (UTC)

Outra benvida e...[editar a fonte]

Tamén vos dou a benvida ó proxecto e se tedes calquera dúbida podedes pasar pola miña páxina de conversa para o que precisedes e vos poda axudar. E tamén achego un detalle, estou vendo as edicións sobre etimoloxía que estades facendo, que son moi interesantes, pero penso que deberíades facer estas edicións adxuntando a referencia desta información xa que eses datos pode ser moi sensibeis. Saúdos e boas edicións!, --Elisardojm (conversa) 09:16, 17 de abril de 2012 (UTC)

Vexo que xa estades de novo co traballo, ben feito! Pero sigo dicindo o mesmo que o ano pasado: hai que achegar referencias da etimoloxía que engadides porque se non as poñedes esa información non terá o mesmo valor para a Galipedia e supoño que si facedes esas edicións supoño que estaredes manexando algunha fonte co cal non vos supón ningún traballo. Veña dádelle! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2013 ás 20:56 (UTC)[responder]