Conversa usuario:Deus

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Deus!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--RNC 14:28, 15 decembro 2009 (UTC)

Helene Mayer[editar a fonte]

Ola, Deus, benvido á Galipedia. Como primeiro consello eu diríache que copiar sempre axuda, copiar doutros artigos nos que haxa imaxes correctamente cargadas, interwikis ben metidas, ligazóns ben feitas. Para que vaias vendo como se fan esas cousas estiven editando eu mesmo o artigo do que me falas, Helene Mayer. Por exemplo, as interwikis están feitas deste modo, eu fun ó artigo correspondente en inglés (en:Helene Mayer), dinlle o botón de editar e copiei as que tiña (para que vou facer eu o que xa fixeron outros?). Se te fixas, despois de min veu un bot a engadir un par de interwikis máis (un bot é un robot, traballa de forma automática). Sobre as imaxes, atopei aquí unha imaxe que pode servir, e editei de novo o artigo para metela nel. Logo fixen unha serie de cambios de formato de todo tipo: ligazóns, redacción, ortografía etc. E por último, cando traduzas un artigo doutra wikipedia debes indicalo na caixa de resumo de edición; se che esquece facelo, normalmente poñemos unha nota na páxina de conversa indicando a orixe. Ben, para empezar creo que ben chega, se tes algunha pregunta xa sabes onde estou. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:56, 13 de xaneiro de 2011 (UTC)

Modelo:País desaparecido[editar a fonte]

Ola, Deus. O que estás intentando facer en Reino das Dúas Sicilias tes que facelo con Modelo:País desaparecido, que é o que se emprega aquí. Tes todas as instrucións na páxina do modelo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:09, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Deus. Cando traduzas un artigo doutra wikipedia debes indicar a súa orixe no campo de resumo da edición. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:29, 6 de abril de 2011 (UTC)

Fixen uns cantos amaños, sobre todo de ortografía e de formato. Telos nesta edición e nas seguintes. Falta por revisar a gramática, que ten bastantes carencias. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:03, 6 de abril de 2011 (UTC)

O campo de resumo está xusto enriba do botón de gardar. Tamén pódese indicar a tradución na páxina de conversa, se non te lembraches de facelo no campo de resumo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:31, 6 de abril de 2011 (UTC)