Conversa usuario:Desatonao

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Desatonao!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo., --Elisardojm (conversa) 09:55, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Sobre a afluenza[editar a fonte]

Fixen algúns cambios no artigo afluenza que che comento para as túas próximas edicions. Se traduces o artigo doutra wiki debe indicarse na caixa do resumo de edición, a caixa estreita que está debaixo da caixa grande de edición, dicindo algo como que "o contido que se achega está traducido de tal artigo de tal wiki". Tamén é importante que a redacción teña un mínimo de calidade, erros ortográficos témolos todos, eu o primeiro, pero nese artigo hai moitos erros son problemas dunha tradución demasiado rápida. É mellor adicarlle un pouco máis de tempo e deixar o artigo cunha mellor redacción. Se o que queres é traballar en diferentes momentos no artigo, o máis recomendable é poñer o marcador {{enuso}} para que a xente saiba que estás traballando nel e que pode conter erros ata que non remates.

Sobre o que preguntaches na taberna non che podo axudar porque non controlo dese tema pero espero que alguén poda responder en breve. Se precisas calquera axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa pulsando na ligazón da miña firma. Saúdos e boas edicións, --Elisardojm (conversa) 09:55, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ben, pouco a pouco hai que irlle collendo o xeito. Por certo, por se non te decataches, xa tes resposta á túa pregunta na taberna, vótalle un ollo alí. Saúdos e a mandar, --Elisardojm (conversa) 13:36, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)