Conversa usuario:Denislamela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Denislamela!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 14:48, 30 de xullo de 2011 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:TraposSucios.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:TraposSucios.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.


--. HombreDHojalata.conversa 21:48, 31 de xullo de 2011 (UTC)

Ola Danislamela. Es ti José M. Otero? o autor/a da fotografía?
En "Orixe/Source" compre que indiques de onde sae a foto. É unha "obra propia"?
No texto dis que a imaxe é de 2009, pero os datos Exif indican que e do 11-08-2008--. HombreDHojalata.conversa 20:38, 1 de agosto de 2011 (UTC)


Denislamela 12:32, 2 de agosto de 2011 (UTC)

Ola, boas tardes. Non son o autor da fotografía, o autor é o que indico pero el aportou en CD as fotos que quitou o día deste concerto e chegaron a nós. En concreto, esta foto é a primeira vez que aparece en Internet, hai outras similares na rede pero non esta. Por este motivo, non sei moi ben que debemos de poñer en Orixe/Source, xa que normalmente inclúese un link a algún sitio onde está a imaxe na rede. ¿Que consideras que debemos facer? Espero a súa resposta, gracias de antemán.

Denislamela, primeiramente comentarche que para contestarme é mellor que o fagas na miña páxina de conversa. En canto a foto, non hai constancia por escrito de que o autor ceda os dereitos mesmo para un uso comercial ou obra derivada. Neste caso temo que haberá que borrala da Galipedia. En Wikimedia Commons teñen un sistema en que o autor podería enviar un correo electrónico dando os permisos (Commons:OTRS/gl). Tes máis información da política da Galipedia en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 20:24, 2 de agosto de 2011 (UTC)


83.53.124.54 22:44, 2 de agosto de 2011 (UTC)

Sintoo, pero non sei como facer para escribir na túa páxina de conversa, entrei nela e está chea de cousas, dame medo equivocarme de sitio. Vai ser imposible que este señor envíe un mail, xa ten certa idade e non está neste mundillo, polo que eliminade a imaxe. Subina para usala nun artigo (Trapos Sucios) pero xa o edito agora e elimino a referencia. Intentarei meter unha foto doutro fotógrafo que sí poida enviar ese mail. Un saúdo

Toda esta complicación so é cando a persoa que sube a foto e o fotógrafo son persoas diferentes.
Outra solución, que é bastante sinxela, é que a persoa que ten os dereitos de autor a suba a http://www.flickr.com (é gratuito) poñendolle unha licencia axeitada, por exemplo Atribución-CompartirIgual 2.0 Genérica (CC BY-SA 2.0), despois calquera pode subila a Wikimedia Commons.
Despois de publicada en Flickr, se non sabes subila a wikimedia Commons, dimo e fágocho eu--. HombreDHojalata.conversa 07:45, 3 de agosto de 2011 (UTC)

Denislamela 12:53, 3 de agosto de 2011 (UTC)

A ver se o miro entón, podo conseguir que outro fotógrafo faga o que comentas do Flickr. Entón é mellor que eliminedes esta foto definitivamente. Gracias pola info, unha aperta.