Conversa usuario:Danidvt
Benvido á Galipedia, Danidvt!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Alma (fálame eiquí) 22:10, 28 outubro 2007 (UTC)
Ola, Danidvt, que tal? Vin que crearas dúas veces o artigo de Will Smith, polo erro das maiúsculas. Para outra vez, en vez de dobrar os contidos, podes coller e usar a opción mover, que tes enriba da caixa de edición. Así será máis cómodo para ti, e non haberá que borrar a anterior páxina. Conta comigo pra botarche unha man no que cumpra. Saudiños. --Xabier Cid 20:01, 25 decembro 2007 (UTC)
Re[editar a fonte]
Agrádezoche o detalle, pero as grazas deberías darllas a Xabier Cid que foi quen che botou a man para mover o artigo, eu nestes días de nadal non andiven por aquí, de todas formas, se precisas calquera cousa xa sabes onde me podes atopar. :) Saúdos e Bo Nadal. Alma (fálame eiquí) 23:40, 25 decembro 2007 (UTC)
- Non te preocupes, todos pasamos por ahí e pasa máis rápido do que pensas. ;) Lémonos. Alma (fálame eiquí) 23:49, 25 decembro 2007 (UTC)
Ola Danidvt, grazas polas túas colaboracións.
Vin que subiches esta imaxe. Faltáballe a orixe, e púxenme a buscala. Encontrei a mesma imaxe en Commons, exactamente con esta denominación. Posto que as imaxes de Commons poden ser empregadas na Galipedia coma se estivesen subidas á mesma Galipedia, propuxen aquí a imaxe que subiches para borrar, pois é innecesaria. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:58, 26 decembro 2007 (UTC)