Conversa usuario:Chema.diaz.retana
Benvido(a) á Galipedia, Chema.diaz.retana!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 17:59 (UTC)
José Díaz Andión[editar a fonte]
Ola Chema, respecto do que me dis sobre completar e corrixir o artigo José Díaz Andión, naturalmente que podes facelo, seguindo as normas da Galipedia que tes máis arriba. Sobre como conseguir os libros xa non podo axudarche. Calquera dúbida que teñas, podes contactar comigo ou con calquera dos administradores. Saúdos e ánimo. --Xas (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 19:17 (UTC)