Conversa usuario:Boicentril
Benvido(a) á Galipedia, Boicentril!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de outubro de 2017 ás 14:36 (UTC)
Asinar[editar a fonte]
Boas Boicentril, é importante asinar os comentarios nas páxinas de conversa, como tiven que amañar en Conversa:Cañás, Carral, para poder ter unha orde cronolóxica e saber de forma rápida a quen pertence cada comentario. Para asinar o único que hai que facer é engadir ó final do comentario os caracteres "~~~~" ou premer no botón que está na parte superior da caixa de edición que ten un lápis. Se ten calquera dúbida sobre o funcionamento da wiki pode contactar comigo na miña páxina de conversa ou pode preguntar taberna que estamos aquí para axudar. Grazas polas súas contribucións e que sigan aumentado! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 08:12 (UTC)
Desculpa, non me decatei. --Boicentril (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 09:47 (UTC)
- Non te preocupes, pásanos a todos, só cho comentei por se non o sabías :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 23:36 (UTC)