Conversa usuario:BelénLamas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, BelénLamas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 20 de maio de 2018 ás 11:25 (UTC)[responder]

Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. --Chairego apc (conversa) 20 de maio de 2018 ás 11:26 (UTC)[responder]

Eliminación de contido[editar a fonte]

Por favor, deixa de facer edicións non construtivas na Wikipedia. Semella que as túas edicións poden constituír vandalismo e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas. --Chairego apc (conversa) 20 de maio de 2018 ás 11:34 (UTC)[responder]

Investigacións orixinais[editar a fonte]

Ola BelénLamas. Benvido ao proxecto.

En relación ás túas edicións, quería dicirte que a Wikipedia non é lugar para publicar investigacións orixinais. Tes máis información sobre ese aspecto en Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria.

Por iso, por favor, indica en notas ao pé as referencias da información que achegas, segundo o indicado en Wikipedia:Citar as fontes. En caso contrario, as túas contribucións poderían ser revertidas.

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 20 de maio de 2018 ás 13:07 (UTC)[responder]

Vilanova dos Infantes, Celanova[editar a fonte]

Boas Belén, engadín o modelo "En uso" ó artigo para que podas traballar nel, tamén fixen algúns arranxos de formato para que o artigo siga o libro de estilo da Galipedia. E como xa che comentou o usuario HombreDHojalata lémbroche que hai que achegar as referencias dos contidos que teñen os artigos, se precisas axuda para engadilas podes mirar na páxina de axuda ou preguntarme na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2018 ás 21:33 (UTC)[responder]